Mos
Mos renova a súa Bolsa de Emprego para evitar vacantes
Os interesados en inscribirse como persoal de limpeza de edificios e instalacións de competencia municipal teñen de prazo ata o 19 de febreiro
A concelleira de Persoal do Concello de Mos, Julia Loueiro, informou esta mañá de que hoxe abriuse o prazo de inscrición na Bolsa de Emprego para substitución do persoal municipal de limpeza de edificios e instalacións. Dito prazo rematará o vindeiro 19 de febreiro, xoves.
A anterior bolsa de persoal de limpeza constituiuse no ano 2012, tal e como explicou Loureiro, e tiña unha vixencia dun total de tres anos que expirarían o próximo mes de abril “por iso decicimos convocar agora o proceso de selección, para non esgotar os prazos e arriscarnos a ter que estar un tempo sen persoal que substitúa ó noso persoal de limpeza”, declarou a edil.
Esta Bolsa de Emprego, unha vez constituída, empregarase para a realización de substitucións laborais temporais do persoal de limpeza municipal en casos de ausencia dun traballador, baixa por enfermidade, etc.
O proceso de selección realizarase a través dun concurso de méritos, de xeito que os dez aspirantes con maior puntuación serán cos que se elabore a Bolsa de Emprego e ós que se chamará en caso de precisar subtituír a algúns dos limpadores ou limpadoras do Concello.
Os interesados presentar solicitude para formar parte desta Bolsa de Emprego poden consultar as bases na páxina web municipal, www.mos.es, na sección de Persoal-Emprego Público.
Neste sentido a concelleira Julia Loureiro destacou a eficiente xestión do equipo de goberno local “onde traballamos con antelación e cumprindo prazos para evitar que caducase a Bolsa de Emprego e atoparnos máis adiante coa necesidade de substituír a un limpiador ou limpiadora e non poder facelo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149