Salceda de Caselas
O PP de Salceda cuestiona a existencia do Plan de Inversións
Afirman que “máis de 100.000 euros dos case 230.000 anunciados son de obras que xa están feitas e sen pagar”
O Partido Popular de Salceda de Caselas cuestiona a existencia do plan de inversión anunciado fai uns días polo goberno bipartito, dado que parte “do importe indicado de case 230.000 euros correspóndense con obras xa executadas e, sobre todo e máis grave, a redución de partidas de gasto corrente para poder levar adiante este plan que non é máis que unha ferramenta de propaganda para facer campaña de cara aos vindeiros comicios do mes de maio”, asegura o presidente e concelleiro do PP local Santiago Rodríguez Davila. Unha “mentira e tamén un gran problema que se suma á negativa de presentar un orzamento de 2015 e levalo a pleno para a súa aprobación, traballando actualmente co prorrogado de 2014 e creando incluso novas partidas de gastos para as cales non hai previsión de ingresos coas que facer fronte, levando gastado, no que vai de ano, xa máis dun millón de euros, o que fai que estean a provocar unha situación insostible economicamente á cal terá que asumir o novo equipo de goberno que entre tralas eleccións municipais, o cal se atopará as arcas valeiras véndose obrigado a facer grandes modificacións de crédito”.
Informe desfavorable de Intervención
Esta é unha actuación que non só os populares cualifican de irresponsable, senón que “a propia interventora municipal sostén no seu informe, emitido con tal motivo, que causará unha ‘importante perturbación’. Así indica, literalmente, ‘dado que o escenario no que nos atopamos é un orzamento prorrogado, e a modificación que se pretende aprobar é de 229.941,63 euros financiada na súa totalidade con baixas de créditos do orzamento de gastos correntes, esta interventora ten a ben informar da importante perturbación que se vai producir nos servizos nos que se reduzan créditos’”. Neste sentido, o PP pon como claro exemplo a partida destinada a iluminación pública e mantemento, para a cal en 2014 se adxudicou 20.000 euros, “non tendo xa en conta os 80.000 euros gastados en 2013” puntualiza Rodríguez Davila. “Pois ben, agora para 2015 esta partida de 20.000 euros a reducen a 3.000 euros destinando os 17.000 euros restantes a ese famoso plan de inversións, é dicir, sacan de gastos correntes e básicos para destinalos a obras propagandísticas, as que ademais, parte delas –máis duns 100.000 euros aproximadamente-, xa están feitas e, por riba, sen pagar, como por exemplo son o saneamento de Condide ou a construción da escollera no matadoiro e o acondicionamento da contorna, actuacións executadas sen consignación orzamentaria.
En definitiva venden obras que xa están executadas e fan outras a conta de reducir gastos de servizos básicos e ineludibles do municipio, e todo xusto agora, a uns meses das eleccións municipais, mentres que o resto da lexislatura estiveron de brazos cruzados inflando os orzamentos creándose déficits nos ingresos e, consecuentemente, non podendo afrontar os diferentes gastos arrastrándoos ata o día de hoxe”.
Os populares salcedenses apoian o indicado, a modo de conclusión, pola interventora que informou desfavorablemente a modificación de crédito cuxo fin é o tan anunciado plan de inversións. Ademais, en dito informe ínstase a “aprobar un orzamento para o 2015 co fin de poder dar cobertura a todos os gastos necesarios para o normal funcionamento do Concello, coas consecuencias prexudiciais que para o Concello de Salceda de Caselas se derivarían, non só para este exercicio 2015 senón tamén para os seguinte de non facelo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129