Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 18 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:

A hiperactividade, a estudo na Aula UNED de Tui

A Aula UNED de Tui acollerá do 26 de febreiro ao 7 de maio un curso que afondará no diagnóstico e intervención de nenos e adolescentes con déficit de atención e hiperactividade. O curso terá unha carga lectiva de 20 horas e un prezo de 40 euros.


Nos últimos anos, cada vez máis nenos e adolescentes son etiquetados baixo o diagnóstico de Síndrome de Déficit de Atención con Hiperactividade. Existe con frecuencia confusión acerca do devandito trastorno, xa que en moitas ocasións os menores son diagnosticados erroneamente, cando en realidade a súa sintomatoloxía responde a outro trastorno ou a necesidades de apoio educativo distintas.


Por iso, este curso pretende ofrecer a pais, nais e educadores unha comprensión clara do TDAH, evitando que poida ser confundido con outros trastornos, coñecer as súas repercusións e dotar familias e docentes de ferramentas para recoñecer e achegarse axeitadamente aos nenos/ás con TDAH.


A actividade que se desenvolverá presencialmente na Aula Universitaria todos os xoves de 17 h a 19 h, comezará o 26 de febreiro e finalizará o 7 de maio.


Todas aquelas persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web da UNED-Pontevedra (http://www. unedpontevedra.com), chamando por teléfono ao 986851850 ou dirixíndose ás instalacións da Aula UNED de Tui (C/Antero Rubín s/n-Antiguo Convento de Santo Domingo).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.