Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 18 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:

Rocío Ramos-Paúl “Supernanny”: “é importante poñer normas aos nenos para que aprendan a enfrontarse coa realidade”

A directora do programa Supernanny destaca a importancia dunha educación enfocada na afectividade e no cariño.

[Img #17532]

Analizar cando están ben instauradas as normas e como inflúen nos comportamentos dos nenos foi o obxectivo dun relatorio que Rocío Ramos, psicóloga e directora do programa Supernanny impartiu recentemente.


Rocío Ramos-Paúl desenvolveu conceptos sobre como é a educación na afectividade e no cariño para os máis pequenos, sen esquecer cal é o obxectivo fundamental nela: "que os nenos sexan felices".


E que significa que un neno sexa feliz? "Un neno feliz é o que se sente seguro, querido, protexido e valorado", explicou. "Iso conseguímolo poñendo hábitos e rutinas; límites e normas para que se sintan protexidos; queridos e valorados.

 

A importancia de poñer normas aos nenos
Neste marco de afectividade e educación nos máis pequenos, Rocío Ramos-Paúl fixo fincapé na necesidade de impoñer unha serie de normas dende o principio. "Se non establecemos normas, os axudamos a enfrontarse á realidade". Grazas á educación en normas, "o neno aprenderá que pode e que non pode facer e conseguiremos que se convertan en adultos responsables e flexibles". Este proceso, ademais, "debe desenvolverse nun clima familiar e de cariño, indispensable para o desenvolvemento do neno,".


A psicóloga destacou como en moitas ocasións os propios pais detectan unha falta de atención nos nenos, "é unha demanda moi común entre os pais o que os fillos non fagan caso á primeira. Os pais non teñen grandes dificultades á hora de definir que normas rexen a convivencia familiar, o conflito formúlase cando os fillos non as cumpren".

 

A educación na familia e no colexio
Ao fío deste tema, a psicóloga destacou que existen dous mundos claramente diferenciados para os nenos: a familia e o colexio. Pero en ambos os dous, "a ideoloxía educativa debe ser a mesma", co obxectivo de que os máis pequenos identifiquen cales son os seus límites e de que forma deben comportarse.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.