Día Domingo, 25 de Enero de 2026
Aemos oferta unha ducia de cursos para o primeiro semestre do ano
Loxística, mantemento industrial e xestión empresarial son as tres modalidades nas que se enmarcan estas accións formativas.
A formación é a primeira das calidades requiridas para acceder a calquera posto de traballo, de aí que a Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) estea a traballar constantemente neste aspecto ofrecendo diversas accións formativas que responden á actual demanda do mercado laboral.
Neste marco, AEMOS presenta para o primeiro semestre de 2015 unha relación de 12 cursos que se impartirán nas súas instalacións e que cobren diversos sectores e modalidades. No apartado de loxística celebraranse cursos de operador de camión grúa autocargable, operador de carretas elevadoras, operador de plataformas elevadoras móbiles de persoal e de obtención de permiso C + CAP. De mantemento industrial impartiranse dous cursos un de hidráulica industrial e outro de cad/cam, no que se ensinará a crear e interpretar planos onde concretar deseños mecánicos, a programar manualmente os controis numéricos (CNC) e a fabricar as pezas nestas máquinas. Por outra parte, na rama de xestión empresarial inclúense seis accións formativas: actualización contable peme 2015; planificación e xestión dos recursos humanos; redes sociais na peme; powerselling: potenciación de equipos comerciais, comunicación, atención ao cliente e xestión eficaz do tempo e técnicas de negociación empresarial.
Algúns destes cursos son presenciais e outros semipresenciais, cunha duración de entre 12 horas os máis curtos ata as 140 horas o máis extenso. Gran parte deles darán comezo este mesmo mes de febreiro e outros nos posteriores meses, de aí que todas as persoas interesadas en asistir a algún deles deba poñerse en contacto o antes posible con AEMOS chamando ao teléfono 986 498 820 ou enviando un correo electrónico a formacion@aemos.es. Así mesmo, poden obter unha maior información consultando a ficha de cada un dos cursos na web www.aemos.es

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149