Día Domingo, 25 de Enero de 2026
Os adolescentes dedican pouco tempo a realizar actividades culturais
Segundo un estudo* prevalecen as actividades de carácter social e tecnolóxico (usar o móbil, chatear, redes sociais) por enriba, mesmo, dos videoxogo. De feito o uso do móbil ocupa o 76,4% do tempo dos mozos.
![[Img #17536]](upload/img/periodico/img_17536.jpg)
As actividades culturais como ir ao cine e ao teatro, ler ou estudar, atópanse á cola dos intereses dos mozos españois. Segundo un ranking elaborado por unha coñecida entidade financeira, os propios adolescentes son conscientes de que lle dedican pouco tempo a este tipo de actividades pero, aínda así, non lle dedicarían máis. Ao que si dedicarían máis horas, se as tivesen, sería aos amigos e ao deporte.
A actividade á que os adolescentes lle dedican máis tempo é a "estar / xogar" cos amigos (o 82,9% percibe que lle dedica bastante ou moito tempo). Séguenlle de preto "estudar" (79,2%), "durmir / descansar" (76,8%), "usar o móbil" (76,4%) ou "chatear / redes sociais" (75,3%).
Se ben, a medida que os adolescentes van crecendo, van deixando paso a tarefas que teñen que ver máis coas tecnoloxías e coas relacións sociais (usar o móbil, chatear, redes sociais) en detrimento de tarefas máis clásicas como estudar ou facer deberes e descansar, que pasan aos últimos postos. Moi na cola están tarefas como axudar nos labores do fogar (40,9%), ler (32,9) ou ir ao cine ou a outro tipo de espectáculos (12,5).
Soamente dedicarían máis tempo aos amigos e a facer deporte
En xeral, os mozos están satisfeitos co tempo que lle dedican a cada actividade ao longo do día. E aínda sabendo que dedican poucas horas ás actividades culturais, só dedicarían máis a estar cos amigos (un 44,5% dos adolescentes) e a facer deporte (un 34,2). O carácter social das actividades do adolescente prevalece, por enriba mesmo doutros pasatempos como os videoxogos, aos que só o 14,3% dos adolescentes dedicaría máis tempo, e moi por enriba das actividades culturais (12,8%).
En palabras de Raúl de la Cruz-Linacero, fundador de Keepunto, "o que realmente reflicten os resultados do noso estudo, é a necesidade de que pais, titores e institucións se apunten á aprendizaxe invisible. É dicir, os nosos mozos fan o que fai a xuventude, socializar e estudar, pero, ademais, os novos tempos somérxenos de cheo nas novas tecnoloxías, cuxo uso pasa a ser o seu principal entretemento. Entón, por que non adaptar os métodos de aprendizaxe aos tempos que viven e usar as novas tecnoloxías para iso? Se, ademais, o facemos a través de novas fórmulas, lles motivaremos e conseguiremos que realicen non só actividades culturais, senón intelectuais, físicas, de habilidades e competencias..., e adquiran coñecementos nun ámbito dinámico e divertido, que os faga aprender case sen decatarse diso,".
*Datos extraidos dunha enquisa elaborada por Keepunto a unha mostra de 802 adolescentes de idades comprendidas entre os 12 e 19 anos de idade

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149