O Porriño
A OMIX do Porriño pon en marcha o taller “incubadora de proxectos”
Mozos porriñeses poderán adquirir competencias e destrezas en canto á redacción e execución de proxectos no marco dos programas de participación xuvenil
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Porriño, que depende da concellería de Mocidade que dirixe Iria Lorenzo, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia poñerá en marcha o taller ”Incubadora de proxectos”.
“Esta actividade pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocada a mozos que busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto á redacción e execución de proxectos, e que teñan a inquietude de presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil?”, explica o alcalde do Porriño, Nelson Santos.
Con este taller formativo búscase lograr a participación dos mozos en programas que actúan como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículum non formal. O contido desta actividade, dirixida a mozas, animadores xuvenís, técnicos municipais, axentes de desenvolvemento local, concelleiros de mocidade, asociacións xuvenís, grupos informales de mozos, estudantes e en xeral, a calquera colectivo interesado nos programas de participación xuvenil, abarcará desde o concepto de participación xuvenil ata a elaboración, ejecución e xustificación do un proxecto.
Aqueles mozos maiores de 18 anos interesados en participar, deben formalizar a súa inscripción antes do 13 de marzo, acudindo ás dependencias da OMIX no Centro Cultural Municipal ou ben chamando ao teléfono 986 337 624 para deixar o seu nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto. As prazas son limitadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215