Deportes
Atios celebra a I Marcha Internacional de BTT
Contará coa presenza da campiona de España de BTT Maratón, a mosense, Susana Alonso
Centos de ciclistas participarán o vindeiro domingo 22 de febreiro na primeira proba de bicicleta de montaña que se celebrará no monte comunal de Atios, no concello do Porriño. Un evento que está organizado pola comisión parroquial de festas da Virxe da Guía.
A marcha ten un percorrido de 35 quilómetos, cun trazado esixente que inclúe baixadas espectaculares e tramos de gran beleza para os amantes da bicicleta e da montaña. O circuito foi supervisado pola mosense Susana Alonso, actual campiona de España de BTT Maratón e que participará na proba. Canda ela tomarán a saída ciclistas federados e amateur procedentes de toda Galicia e tamén do veciño Portugal.
A organización fixou dous prezos por participante: 8 euros en venda anticipada e 10 euros no día da proba. A saída está prevista para as 9:30 da mañá, no campo de fútbol do Carballo. Hai disposto un punto de avituallamento á metade do percorrido, que tamén atravesa un tramo do monte veciñal de Budiño e de Cans. Toda a información da proba pode solicitarse no correo electrónico marchabttatios@hotmail.com, ou nos teléfonos 635 616 453 e 670 047 277.
Haberá premios participativos para os douscentos primeiros inscritos. O ciclista máis novo e o máis veterano recibirán tamén cadanseu trofeo. E para todos os participantes se ofrecerá ao remate da proba un petisco elaborado con produtos da carnicería Progreso, do Porriño.
Tamén colaboran coa organización a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, diversas institucións e numerosas firmas comerciais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217