Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

CDT acusa o goberno municipal de "esaxerar os investimentos en saneamento"

[Img #17571]Segundo Centristas de Tomiño (CdT) “o goberno municipal do BNG só destina para saneamento no ano 2015 300.000. -Euros de fondos propios e 220.000. -Euros do Plan de Mantemento de Servizos e Infraestruturas da Deputación de Pontevedra, cuxa suma bota unha cifra total de 520.000 Euros, e non de 900.000 Euros, como está a dar a entender a Alcaldesa e o Concelleiro-Delegado”.

 

Segundo Borja Estévez, Presidente de CdT, para achegarse á cifra de 900.000 Euros “é necesario sumar tamén o destinado nos anos precedentes e as previsións de futuro, como os fondos de libre disposición da Deputación que aínda non están disponibles”.

 

Os independentes consideran “absolutamente insuficiente o que o goberno do BNG destina a saneamento e urxen que se acometa o colector Carregal-Sobrada imprescindible para estender a rede xeral ás parroquias de Amorín, Currás, Sobrada e Piñeiro, presupostado en 1.200.000. –Euros”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.