Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Xornada de portas abertas en Mos para coñecer as instalacións do Servizo Municipal de Emerxencias e de Protección Civil

O equipo municipal e o de voluntarios realizaron conxuntamente preto de 10.000 horas de servizos durante o ano 2014

O vindeiro sábado, día 21 de febreiro, as instalacións sitas na Veigadaña do Servizo Municipal de Emerxencias e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos albergarán unha xornada de portas abertas que se prolongará dende as 10.00 horas da mañá ata as 20.00 horas da tarde. Todo o público interesado en asistir poderá ser espectador de exhibicións prácticas de excarcelación, primeiros auxilios, rescate en altura e dun simulacro de extinción dun lume. Ademais a partir das 16.30 horas levarase a cabo un taller sobre tenencia responsable de mascotas titulado ‘EnCANtados’. E se a meteoroloxía o permite instalarase tamén, durante toda a xornada, un circuíto de seguridade vial con bicicletas.

 

[Img #17580]O Servizo Municipal de Emerxencias e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos naceron para dar unha resposta adecuada ás urxencias que se produzan no termo municipal de Mos e concellos limítrofes, atendéndoas coa axilidade que este tipo de actuacións requiren. Os Voluntarios de Protección Civil colaboran nestas accións, colaboración para a cal reciben formación específica. Este gran equipo desenvolve funcións de intervención en accidentes de tráfico e laborais, extinción de incendios de todo tipo, control de verquidos, rexeración de espazos verdes, plans de autoprotección, simulacros e cursos de prevención, xestión de catástrofes naturais coma inundacións ou temporais, rescates de persoas e animais, servizos programados en actos con grandes aglomeracións de persoas como poden ser probas deportivas ou eventos culturais; e búsqueda de persoas desaparecidas.

 

Balance 2014

 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, formada por vinteséis voluntarios, en colaboración có Servicio de Emerxencias Municipal e a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Mos, realizou durante o ano 2014 un total de 3.481 horas de servizos no Concello.

 

Estas horas sumadas ás 5.808 horas realizadas polo Servizo Municipal de Emerxencias son un total de 9.289 horas adicadas ós servizos de prevención e intervención en materia de emerxencias no pasado ano.

 

[Img #17581]Ademais, os voluntarios asistiron a vinte cursos formativos en distintas materias; rescate en montaña, incendios urbáns e forestais, rescate en zonas illadas, excarceración, actuación en catástrofes, etc. Tamén os integrantes do Servizo Municipal asistiron a diferentes cursos nas mesmas materias.

 

[Img #17582]Entre as distintas intervencións realizadas, destacan a asistencia a accidentes de tráfico, especialmente na Autovía A-55, incendios urbáns, ou servizos preventivos nos eventos realizados polo Concello de Mos.

 

Durante o ano 2014, o servizo foi dotado de novos equipos de protección individual para as intervencións, novos uniformes e un vehículo. Material que se verá incrementado durante este ano de 2015, con máis material de uniformidade, e novos equipos de comunicacións.

 

O presidente do colectivo, Santiago Iglesias, destaca a importancia que ten a formación neste tipo de servizos, polo que se está desenvolvendo un programa formativo para os vindeiros meses, coa colaboración de profesionais nas distintas tarefas das emerxencias e a través dos cursos impartidos dende a Academia Galega de Seguridade Pública.

 

O pasado domingo celebrouse a asamblea anual, á cal tamén asistiu a concelleira Julia Loureiro, na que se expuseron as iniciativas para o ano 2015, entre as que destacan a realización de tres novos cursos, de incendios urbáns, rescate en zonas illadas e rescate de feridos en accidentes de tráfico con excarcelación.

 

A concelleira mostrou o seu agradecemento as tarefas realizadas polos voluntarios de forma totalmente altruísta e animou ó colectivo a seguir traballando.

 

Durante o acto informou ós voluntarios da nova adquisición de material de rescate para zonas illada e accidentes de trafico que estará operativo esta mesma semana.

 

Tamén, se está executando un programa destinado a superar as 400 horas mensuais de servizo, polo que o Concello de Mos está a facer obras de mellora nas instalacións do Servizo Municipal de Emerxencias, que durante o ano 2014 mellorou o espazo de descanso  e cociña dos voluntarios. Nas tarefas de mellora das instalacións, tamén participan os voluntarios realizando a súa colaboración a través dos distintos oficios de cada un de eles.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.