Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Bombeiros de Vigo cede a Ponteareas un vehículo nodriza

[Img #17583]O Concello de Ponteareas contará cun novo camión nodriza para a extinción de incendios, cedido gratuitamente polo Concello de Vigo, e que fora solicitado pola Alcaldía de Ponteareas, tendo en conta que o citado vehículo atopábase retirado do Servizo de Extinción da cidade olívica e non era empregado.

 

Trátase, concretamente, dun camión  cisterna de 3.000 litros de capacidade, marca Iveco, cunha antigüidade de 20 anos, pero que se atopa nun estado adecuado, tanto na súa cadea cinemática como do corpo da auga, que lle permite ser destinado ao Servizo de Prevención e Extinción de Incendios.

 

O Concello de Ponteareas agradécelle ao Concello de Vigo a súa colaboración institucional e a citada cesión gratuíta deste vehículo que virá aumentar o parque móbil co que conta Ponteareas para a prevención e extinción de incendios, que nestes momentos está composto por dous camións para estes cometidos, e que redundará nun mellor servizo para a cidadanía ao dispor dun vehículo máis.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.