Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 18 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Gondomar

“7 artes para un entroido” da Asociación de Carnavais de Mañufe, gañadora do desfile de Carnaval de Gondomar

O 2º e 3º premio recaeron en "Piratadas por un tubo" de Nigrán e en "Vinciocas-Piratas" da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, respectivamente.

[Img #17667]Despois do desfile de Carnaval o pasado domingo 15 de febreiro, da man de 15 comparsas chegadas de Nigrán, Baiona, Tomiño, Goian, A Garda, Vigo e Gondomar que encheron de cor e música as principais rúas do concello, procedeuse a noite de onte á entrega dos premios.
 

Ao rematar o Desfile Infantil que tivo lugar a tarde de onte, a festa continuou cunha gran verbena amenizada polo grupo "Aramio", mentres as comparsas participantes esperaban o veredicto e clasificación das agrupacións no desfile do domingo.
 

Finalmente o xurado, composto por membros que integran o mundo social-artístico-cultural do municipio outorgou o primeiro premio dotado de 700 euros á Asociación de Carnavais de Mañufe, con "7 artes para un entroido". "Piratadas por un tubo" de Nigrán e "Vinciocas-Piratas" da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios recibiron o segundo e terceiro premio, respectivamente, dotados con 600 e 500 euros cada un. Ademais dos premios en metálico, tamén recibiron unha cesta de produtos porcinos. As restantes 12 comparsas participantes recibiron un donativo de 400 €.

O premio especial á mellor carroza das comparsas, dotado con 300 euros, volveu recaer na Asociación de Carnavais de Mañufe con "7 artes para un entroido".

Dende o Concello de Gondomar agradécese a gran participación neste tradicional desfile, que congregou a un gran número de veciños e participantes.

Hoxe celebrouse o tradicional Enterro da Sardiña ás 19.30 seguido do funeral, a comitiva, a lectura do testamento e o propio enterro de Dona Sardiña, que deu, por finalizado este Carnaval 2015.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.