Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 22 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A Asociación Ponteareas Comercial denuncia a falta de iluminación nas rúas

Unha iniciativa da Asociación Ponteareas Comercial puxo en evidencia este venres a deficiente iluminación na zona comercial e a improvisación dun goberno municipal sen rumbo. A asociación promoveu un “apagón reivindicativo” dos escaparates a partir das 8 da noite como medida de presión para que a cidadanía puidese comprobar a situación na que quedan as rúas e prazas se os comercios apagan ás luces.

 

[Img #17684]

A protesta dos comerciantes obrigou ao goberno do PP a actuar na mesma noite para suplir as carencias de alumeado polo apagón dos escaparates, enviando operarios municipais a arranxar parte do alumeado e acendendo luces como ás que arrodean o auditorio, na praza Maior ou na rotonda das bicicletas, que están normalmente apagadas. "É unha nova mostra de que Ponteareas está sen rumbo por culpa da parálise dun goberno inútil para este concello que actúa a golpe de improvisación", sinalan dende o BNG.

 

Dende o BNG de Ponteareas manifestan o seu “apoio ao comercio local diante da desidia e incompetencia do goberno de Solla e PP polas carencias no alumeado de rúas e prazas da vila, a suciedade e abandono das beirarrúas, a seguridade viaria, o lamentable estado dos aparcamentos de terra, etc.”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.