Mos
Aberto o prazo de solicitude para o próximo curso nas Escolas Infantís de Porteliña e Cototorrón
Permanecerá aberto ata o vindeiro 23 de marzo
A concelleira mosense de Benestar Social, Sara Cebreiro, informou hoxe de que mañá comeza o prazo para preinscribirse nas dúas Escolas Infantís A Galiña Azul de Mos, a de Porteliña e a de Cototorrón, para o vindeiro curso escolar 2015-2016.
O prazo permanecerá aberto ata o día 23 de marzo incluído, data que será a última para poder solicitar praza.
Os requisitos imprescindibles para ser adxudicatario de prazas nas Escolas Infantís mosenses para nenos de 0 a 3 anos de idade, xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia, son: que o cativo estea nado no momento en que os seus pais presentan a solicitude de praza, que teña una idade mínima de tres meses no momento do ingreso e que non teña cumpridos os tres anos de idade ó 31 de decembro de 2015.
O curso 2015-2016 nas Escolas Infantís mosenses dará comezo o venres día 4 de setembro e estas permanecerán abertas de luns a venres, exluídos os días considerados festivos no calendario laboral e os días 24 e 31 de decembro. O alumnado poderá asistir ó centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2015-2016. En casos excepcionais debidamente xustificados poderase admitir a asistencia do neno ou nena durante os 12 meses do ano. As Escolas permanecerán pechadas con carácter xeral no mes de agosto.
Os pais solicitantes de praza para os seus fillos nas Escolas Infantís de Mos o vindeiro curso poden optar por dúas modalidades de servizo que serían as de atención educativa con ou sen comedor.
Os pais e nais dos pequenos xa escolarizados durante o presente curso e que queiran realizar a renovación automática de praza deben presentar as súas solicitudes a través de http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantisdegalicia.es, así como nas propias Escolas Infantís de Porteliña e Cototorrón. No caso das solicitudes de novo ingreso o procedemento é o mismo, os pais poden presentar a súa solicitude a través de http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantisdegalicia.es, así como nas propias Escolas Infantís. En ambos casos o prazo é o arriba indicado: comeza mañá e remata o 23 de marzo.
A relación provisional de persoas admitidas e lista de agarda coas puntuacións obtidas farase pública o día 5 de maio e poderase consultar na propia Escola Infantil en cuestión, así como nas páxinas web http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantisdegalicia.es
Os solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos dez días naturais posteriores á data de exposición pública da relación provisional. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191