Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Porriño acolle este mércores unha charla sobre a Enfermidade Celíaca e as dietas sen glute

María Teresa García e Mercedes Rodríguez, da Asociación de Celíacos de Galicia, disertarán sobre esta enfermidade e as súas consecuencias nesta conferencia que organiza o Obradoiro de Emprego "Porremprego II"

[Img #17700]Co obxectivo de sensibilizar os cidadáns e informar sobre a que é a enfermidade crónica intestinal con máis incidencia en España, a Enfermidade Celíaca, as instalacións do Obradoiro de Emprego "Porremprego II" acollerán este mércores a conferencia "A enfermidade celíaca e como vivir sen glute", impartida por María Teresa García e Mercedes Rodríguez, da Asociación de Celíacos de Galicia.


Este relatorio, contará coa asistencia de todos os alumnos, o equipo técnico e o equipo docente do Obradoiro de Emprego do Concello do Porriño. O obradoiro "Porremprego II", impulsa estas accións de divulgación continuando coa liña de actividades lúdico-educativas que vén desenvolvendo este último mes a través dos diferentes "Obradoiros de Cociña" con diferentes centros educativos do municipio.


A charla, que se celebrará a partir das 12:00 horas no Multicentro de Torneiros, estará aberta a todo aquel que queira coñecer un pouco máis sobre esta enfermidade e as súas consecuencias.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.