Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Lazoiro pídelle ao Concello de Salvaterra que arranxe a mala organización dos espazos públicos

Despois de máis dun ano de reunións co Goberno do Concello de Salvaterra, a asociación dispón por fin dun local fixo de reunión

[Img #17702]Os membros de Lazoiro veñen reclamando a cesión "dun espazo no que poder levar a cabo o noso traballo, gardar material e realizar as nosas xuntanzas. Dende o Concello sempre se mostraron pouco interesados na nosa situación esquivando as nosas demandas. Xa fose negando de forma directa que nos tiñan que deixar un local, ou simplemente con medios ofrecementos que non arranxaban o problema" explican. "Incluso se nos chegou a negar de forma reiterada reunirnos en  ningún espazo da Casa da Cultura de Salvaterra por estar todo ocupado e, cando nos  presentamos in situ no mesmo día e hora que pedíamos, comprobamos que a maioría das instalacións estaban sen ningunha actividade".

 

Afriman que "tras moitas reunións, -máis de vinte veces tivemos que reunirnos co Goberno do Concello de Salvaterra- chamadas de teléfono e esforzos, por fin conseguimos que se nos cedera unha  habitación na Casa da Cultura de Salvaterra, a cal, será compartira coas clases de música que se imparten actualmente".

 

Pese a esta solución ao seu problema,afirma que estes feitos poñen de manifesto "a desorganización e mala xestión respecto ao control dos espazos públicos e ao seu correcto uso, posto que a día de hoxe non hai unha constancia de quen ou cando se usan estes  espazos, que deben estar destinados aos grupos e asociacións de Salvaterra".

 

Por todo isto, a pesar de termos conseguido un local para Lazoiro, "entendemos que esta situación non pode continuar así, posto que afecta a todas as asociacións e colectivos que usan os espazos públicos do Concello de Salvaterra. Dende Lazoiro seguiremos esixíndolle ao Goberno do Concello de Salvaterra a mellora da organización e  creación dunha lista e dun calendario sobre o uso destes espazos".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.