Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 26 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Obras e cursos de formación en Salceda

Os concelleiros Santiago Rodríguez Davila e Joaquín Núñez acompañaron á deputada Marta Iglesias na visita a un curso de poda e ás obras do cemiterio de San Xurxo e á traída de auga de San Esteban de Budiño

[Img #17717]O Partido Popular de Salceda de Caselas congratúlase unha vez máis das achegas da Deputación de Pontevedra en beneficio do municipio e dos seus veciños. “Grazas ás subvencións e axudas do ente provincial estanse a levar a cabo obras moi demandadas pola cidadanía, así como tamén a posta en marcha de accións formativas de gran proveito”, sinala o presidente e concelleiro do PP local, Santiago Rodríguez Davila.

 

Precisamente Rodríguez Davila e o tamén concelleiro popular Joaquín Núñez acompañaron á deputada Marta Iglesias na súa última visita a Salceda para comprobar o estado de dúas obras executadas con partidas procedentes da Deputación, así como saudar e compartir impresión cos participantes nun curso de poda realizado na Asociación de Veciños Caselas, enmarcado no programa “Ti tamén contas”.

 

As obras obxecto de visita foron, por unha parte, a mellora no cemiterio de San Xurxo, onde se construíu unha beirarrúa de acceso ao mesmo, e, por outro lado, a mellora da traída de augas de San Esteban de Budiño coa instalación dunha nova acometida feita polo colectivo de usuarios.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.