Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 26 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os maiores mosenses poderán visitar o Coto Mixto o vindeiro 22 de marzo

Os interesados en participar na excursión teñen ata o 13 de marzo para inscribirse

A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza unha excursión ó Coto Mixto para os maiores do municipio que terá lugar o vindeiro 22 de marzo.

 

O Programa “Tempo de Excursións” que se realiza neste departamento municipal dende o ano 2009, data na que se creou, atende ás demandas dos maiores mosenses. Ten como finalidade que os participantes con menos posibilidades de ocio, e que non contan con iniciativa propia ou posibilidade de organización e disposición, facilitarlles con este servizo a que viaxen con xente do seu entorno. Ademais de darlle a posibilidade de coñecer a autonomía galega e enriquecerse do turismo histórico, natural-paisaxístico e cultural, ademais do da provincia de Pontevedra, o doutras comunidades autónomas.

 

Un aspecto fundamental, e que motiva a seguir organizando cada vez máis este tipo de actividades, é, segundo explicou Monzón, “o fortalecemento dos lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe”.

     

Neste caso, terán a ocasión de coñecer o Coto Mixto, asentado nos actuais municipios de Calvos de Randín e Baltar. O Coto Mixto estaba constituído polos actuais lugares de Santiago e Rubiás que pertencen ó municipio de Calvos de Randín, mentres que Meaus pertence ó de Baltar.

 

Ademais da visita ó Coto Mixto, unha localidade moi pintoresca e cunha historia moi singular debido á súa situación territorial entre España e Portugal, a excursión incluirá un almorzo ás 14.00 horas nun restaurante local e pola tarde visita á localidade de Tourém e á súa Casa Museo.

 

Os obxectivos desta viaxe son “facilitar a posibilidade de viaxar ós habitantes do Concello de Mos, impulsar a participación social activa e a integración das persoas  na comunidade, previr a soidade, impulsar e dinamizar as relacións sociais, facilitar espazos e recursos de ocio para os maiores, fomentar o coidado corporal e mental e promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización”, segundo palabras da propia concelleira responsable da mesma.

 

Poderanse beneficiar desta actividade todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. Non é preciso que os cónxuxes ou parellas de feito que estean inscritos no rexistro, cumpran os requisitos. No caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en  Mos. Os fillos/as discapacitados/as poden acompañar ós seus pais.

 

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de marzo, para elo será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada e unha copia do DNI. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. Unha vez entregada a documentación pertinente, farase a comprobación de que se cumpren os requisitos. O día  16 de marzo farase pública a lista de admitidos/as.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.