Deportes
Preto de 300 judokas participarán o sábado no Campionato Xogajudo que se disputará en Mos
Trátase de deportistas dun total de 39 clubes das provincias de Pontevedra e Ourense
Esta mañá celebrouse a presentación do Campionato Xogajudo no Pavillón Óscar Pereiro. No acto estiveron presentes Isidoro José Táboas Moldes, concelleiro de Deportes de Mos, o tamén edil mosense Camilo Augusto, Guillermo Reinaldo Barcia, coordinador do Deporte Escolar do Servizo de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Mario Muzas Cobo, presidente da Federación Galega de Judo, e 200 escolares de Mos, Porriño e Redondela que previamente recibiran unha clase de iniciación ó judo. Os nenos e nenas participantes eran estudiantes dos tres centros educativos CEIP de Petelos (Mos), CEIP Cruz-Budiño do Porriño e o CEIP Porto Cabeiro de Redondela.
Antes da presentación oficial do campionato impartiuse unha clase de iniciación ó judo dirixida a escolares de distintos centros educativos dos Concellos de Mos, Porriño e Redondela (un total de 200 nenos e nenas), como xa se dixo. A clase dividiuse en tres grupos e sesións, un por cada colexio participante e foi impartida por 5 Mestres Nacionais de Judo: Luis Rodríguez (Cinturón Branco-Vermello e 7º Dan), Marcial Romero (5º Dan), Mario Muzas Fernández (3º Dan), Arón Garabatos (3º Dan) e Carlos Garabatos (5º Dan). O obxectivo desta iniciativa era dar a coñecer o judo entre os nenos e nenas de Mos, Porriño e Redondela e introducir a práctica deste deporte nos colexios destes municipios. O judo é o deporte de combate ou arte marcial con maior número de licencias a nivel nacional.
Campionato Xogajudo
O Campionato Xogajudo celebrarase o vindeiro sábado, día 28 de febreiro, ó longo de todo o día no Pavillón Óscar Pereiro. Trátase dun Campionato Escolar de Primeira Fase, isto é, para nenos e nenas nados entre 2001 e 2004 (Infantil e Alevín), ambos anos incluídos, que está organizado pola Federación Galega de Judo e a Xunta de Galicia coa colaboración dos clubs de judo da provincia de Pontevedra. Esta competición é de iniciación e de preparación para o Campionato Galego Infantil de Judo que se celebrará o mes que ven. O sábado participarán no Campionato Xogajudo que terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro de Mos sobre 300 rapaces aproximadamente, procedentes das provincias de Pontevedra e Ourense, dos cales 78 judokas competirán na categoría feminina e 197 judokas na categoría masculina. Todos estes participantes forman parte dun total de 39 clubes de judo das provincias de Pontevedra e Ourense.
Segundo explicaron esta mañá os representantes locais, autonómicos e da Federación, os obxectivos da competición do sábado e da actividade de hoxe son “estimular e recoñecer o esforzo dos practicantes na procura dun mellor desenrolo persoal e deportivo, promover os valores do espírito deportivo, respectando aos profesores e aos compañeiros, procurar que os nenos e nenas practiquen deporte dunha maneira agradable e melloren físicamente aprendendo judo, intentar garantir a seguridade desta práctica deportiva, fomentar a participación de todas e tódolos judokas galegos destas idades que practiquen regulamentariamente o judo, educar cun regulamento que dea prioridade ós valores do compañeirismo e a deportividade por riba do resultado deportivo e, sobre todo, que sexa unha participación segura, fácil e divertida para todos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217