Miércoles, 14 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 26 de Febrero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos pide o asilo político para o activista saharaui Hassana Aalia

Os tres grupos políticos da Corporación Municipal mosense presentaron unha moción conxunta que aprobaron por unanimidade esta tarde en Pleno

[Img #17722]

Esta tarde aprobouse por unanimidade dos membros do Pleno do Concello de Mos a moción conxunta presentada polos tres grupos políticos municipais, -PP, PSOE e BNG- de apoio á concesión de asilo político ó activista saharaui Hassana Aalia, proposta pola Delegación Saharaui para Galicia.

 

O pasado 19 de xaneiro fíxose público o auto de resolución da solicitude de asilo político en España do mozo activista saharaui Hassanna Aalia, no que se lle comunica a denegación da protección e anúnciaselle a saída obrigatoria do territorio español, dándolle un prazo de 15 días para abandonar o Estado español, pese ao castigo que lle espera e o risco real de ser torturado si regresa ao Sahara Occidental baixo ocupación de Marrocos.

 

Hassanna é un mozo saharaui de 26 anos nado en Aaiún que solicitou o asilo político en xaneiro de 2012, tras decatarse que o seu nome figuraba na relación de acusados que ían ser xulgados en Rabat por un Tribunal Militar polos feitos do Gdeim Izik. Hassanna estaba nese momento en España, non por estar perseguido polo seu activismo a favor da causa saharaui, senón para estudar cunha beca que lle foi concedida para aprender español. A lei española que regula as condicións para a solicitude de asilo político establece cláusulas e prazos excepcionais cando as circunstancias que xustifican a petición débanse a causa sobrevida no país de orixe, como sucedeu neste caso.

 

Hassanna Aalia figura no Sumario de Instrucción do Tribunal Militar Permanente para a Forza Armada do Reino de Marrocos, xunto con outros 24 acusados, todos civís. Foi xulgado en rebeldía e a tenor da súa condena a cadea perpetua nunha sentenza que foi lida ante observadores de Human Rights Watch e Amnistía Internacional, entre outros, existen sobrados motivos para determinar que o retorno de Hassanna ao Sahara Occidental suporía un risco real para a súa integridade física.

 

Pero o Ministerio do Interior denegou a súa petición, malia que contaba cun contundente informe de ACNUR, que apoiaba a solicitude en virtude das circunstancias excepcionais de Hassanna Aalia, recoñecendo o seu activismo, as detencións que sufriu, os malos tratos, o acoso e a presión á que foi sometido por parte da policía marroquí, e a tortura da que foi obxecto. A primeira vez que foi torturado tivo lugar en outubro de 2005, cando tiña 17 anos, por participar nunha manifestación pacífica á saída da escola. Estivo dous días retido e, segundo declarou Hassanna, “os maltratos comezaron na mesma rúa onde fun arrestado e seguiron dentro do vehículo. Xa en comisaría, espíronme, colgáronme boca abaixo durante varias horas e non me deixaron beber auga”.

 

Interior denegoulle a protección internacional porque na sentenza escrita non figura o nome de Hassanna entre os condenados, aínda que os observadores internacionais confirmaron que si foi nomeado na sala cando se leeu o veredicto a cada un dos acusados. Por esta razón, o Estado español considera que hai un procedemento penal inconcluso e, aínda que non o di expresamente, no fondo está avalando a validez dun xuízo que foi denunciado polas máis importantes organizacións internacionais de defensa dos Dereitos Humanos por non ofrecer garantía algunha aos procesados.

 

Por todo isto a unanimidade do Pleno do Concello de Mos aprobou na sesión ordinaria desta tarde o seguinte acordo: esixir ao Ministerio de Interior do Goberno de España que en virtude da lexislación española e do compromiso do noso país co respecto aos Dereitos Humanos conceda o Asilo Político a Hassanna Aalia, activista saharaui de Dereitos Humanos e defensor do dereito de autodeterminación do Pobo Saharaui recoñecido pola lexislación Internacional, dado que o seu retorno ao Sahara Occidental supón un risco real para a súa integridade física e remitir de forma inmediata esta solicitude ao Ministerio do interior para que a leve a efecto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.