Mos
Mos presenta o seu programa con motivo do Día Internacional da Muller
A programación deste ano, orientada á infancia e á educación, leva por título ‘Dende nenos abrazando o futuro da muller’
![[Img #17729]](upload/img/periodico/img_17729.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Benestar Social mosense, Sara Cebreiro, presentaron esta mañá a programación municipal con motivo do Día Internacional da Muller, que este ano se enmarca baixo o eslogan ‘Dende nenos abrazando o futuro da muller’.
O programa de actividades comezará o vindeiro xoves, día 5 de marzo, co Obradoiro de Títeres en Igualdade dirixido ós membros de ASODIFISI, Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, e a calquera persoa con discapacidade interesada en asistir, que será impartido nas instalacións das que a Asociación dispón en Torroso pola Asociación Cultural Morreu o Demo. A participación nesta iniciativa é de balde e a inscrición na mesma debe facerse directamente en ASODIFISI.
Ese mesmo día a terapeuta educativa, Marta Lloves Pequeño, impartirá unha charla gratuíta para familias titulada Educar na Igualdade. Celebrarase na Ludoteca Municipal de Mos, ubicada en San Rafael, parroquia de Pereiras, en horario de 19.00 horas a 21.00 horas.
O venres 6 marzo o programa Mos coa Butaca levará ó Pazo de Mos a proxección da película Brave de Disney. Actividade tamén con entrada de balde ata completar aforamento e que dará comezo ás 19.00 horas.
O sábado 7 de marzo terá lugar outra charla para familias, neste caso sobre Educación Sexual na Primeira Infancia, impartida por Betina Represa Vázquez, psicóloga psicopedagoga autora do libro ‘¿Cómo se lo explico?’. Esta charla celebrarase na Escola Infantil de Cototorrón en horario de 10.00 horas a 13.00 horas. A participación será de balde con inscrición previa en calquera das Escolas Infantís de Mos.
Tamén o sábado ás 20.30 horas o auditorio do Centro Dotacional de Torroso acollerá o show de Cristian ‘La Jaula de las Locas’. Con entrada gratuíta ata completar aforamento.
8 de marzo Día da Muller
E por último o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebrarase o acto central da programación conmemorativa desta data cun concerto de Marta Quintana e a entrega de premios do Concurso Escolar de Textos ‘A túa visión sobre a muller’. Será a partir das 18.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, novamente con entrada libre e de balde ata completar aforamento.
Sobre o Concurso Escolar de Textos ‘A túa visión sobre a muller’ Cebreiro declaraba que “o Día Internacional da Muller é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, por iso dende o Concello de Mos, quixemos aproveitar a ocasión para poñer en marcha este Concurso Escolar de Textos, para potenciar á creatividade dos estudiantes ó tempo que fomentamos entre eles a reflexión sobre o papel actual da muller”.
Os textos participantes, que xa están todos en poder do xurado posto que o prazo de presentación rematou o pasado 20 de febreiro, podían estar escritos en galego ou en castelán e en calquera tipo de formato: tanto poético coma narrativo, descritivo, etc. Ademais de texto os rapaces podían engadirlle á súa creación debuxos, ilustracións, fotos, etc. Tamén podían empregar os materiais que desexasen: lapis, bolígrafos, rotuladores, etc.; e o tamaño non poderá exceder dun folio tamaño A4 por ambos os dous lados. O texto debía ser obra do/a propio/a neno/a, que tiña que incluír ao final como mínimo, o seu nome, idade, enderezo, centro educativo e teléfono de contacto. Só se aceptou un texto por persoa.
Establécense catro categorías de participación distribuídas en función das idades dos redactores: Categoría I: de 6 a 8 anos, Categoría II: de 9 a 12 anos, Categoría III: de 12 a 16 anos e Categoría IV: de 16 a 18 anos.
O xurado que valorará os textos presentados a concurso está composto por diferentes técnicos/as municipais dos departamentos de Cultura e Benestar Social e terá en conta sobre todo a calidade e orixinalidade, así como os seus valores e mensaxes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191