Mos
O Concello de Mos amplía os vestiarios e mellora a iluminación do Campo de Fútbol das Baloutas
As obras potenciarán a eficiencia enerxética, incrementarán en 70 metros cadrados o espazo interior da edificación e habilitarán 85 metros cadrados no exterior da mesma
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de deportes, Isidoro Táboas, informaron do vindeiro inicio dunha serie de obras de iluminación e ampliación de vestiaros no Campo de Fútbol das Baloutas, da Unión Deportiva Mos.
Os traballos que comezarán próximamente contan cun orzamento total duns 40.000 euros que serán financiados con fondos propios municipais.
Segundo explicou o concelleiro Isidoro Táboas, as melloras a relizar no Campo de Fútbol das Baloutas consistirán na optimización da iluminación nas torres de luminarias mediante a instalación de dous proxectores de 2.000 vatios de alto rendemento por torre. Posto que o campo conta con 4 torres, instalaranse un total de 8 proxectores que darán unha iluminación de maior calidade en todo o perímetro do campo e contribuirán sensiblemente a unha maior eficiencia enerxética destas instalacións deportivas. Esta era unha importante demanda tanto do propio club U.D. Mos coma dos usuarios do campo.
En canto á obra de albanelería, realizanranse traballos de ampliación dos vestiarios construíndo un novo vestiario á maiores, así coma un anexo para almacén. Entre estas dúas estancias sumarán un total de 70 metros cadrados. Ó igual que os vestiarios preexistentes, o novo vestiario levará un voladizo na fronte que superará os 2 metros, para que faga as veces de resgardo ou cuberta en caso de choiva.
Tamén se acometerán traballos no exterior da zona de cafetería. A parte saínte da mesma será cuberta cun tellado habilitando unha zona a maiores de 85 metros cadrados. Esta nova cuberta constará dunha estructura metálica con pilares metálicos tamén, e conexión con chapa sándwich cor verde, igual que a xa instalada no resto do tellado, para conseguir así continuar a mesma liña estética actualmente existente. O incremento de espazo útil nesta zona facíase moi necesario dada a enorme afluencia de pais de nenos xogadores deste equipo, que teñen que esperar polos cativos á saída dos adestramentos ou durante os partidos.
Os representantes municipais destacaron a importancia desta obra ó tratarse o Campo de Fútbol das Baloutas, xunto co de Cototorrón, dunha das instalacións deportivas mosenses con maior afluencia de público e usuarios, sobre todo infantil; e cunha maior actividade e organización de actos deportivos nas súas instalacións. O Concello de Mos demostra así, unha vez máis, o seu “afán de apostar polo deporte e sobre todo cando se trata de deporte base, o que practican os cativos que serán o futuro de Mos”, segundo declararon Arévalo e Táboas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115