Ponteareas
O Concello de Ponteareas afirma que “continuará acondicionando as zonas habilitadas como aparcadoiros”
Ante as manifestacións do BNG de Ponteareas sobre o abandono das zonas de terra habilitadas como aparcadoiros en Ponteareas e sobre a súa petición de arranxo dos mesmos, dende o Concello de Ponteareas aseguran que, como vén sendo habitual, “dúas veces ao ano acométense obras de acondicionamento das zonas habilitadas como aparcadoiros dentro do centro urbano para que estas se atopen nas mellores condicións e facitar así o estacionamento”.
Explican que “como de todos é sabido, non é nada extraordinario ao seren de terra estas zonas, a chuvia provoca que nos meses de inverno se produza o deterioro das mesmas pola auga. Para solucionar estes problemas que se presentan todos os anos nesta época, o Concello de Ponteareas intenta dar unha rápida solución ao problema e así a semana pasada procedíase a arranxar e acondicionar o aparcadoiro da Avda. de Castelao pero, debido á persistencia da choiva, o resto dos aparcadoiros serán adecuados en canto mellore o tempo, xa que, de acometer obras nestas condicións, non serían efectivas”.
Engaden que “ademais, o Concello de Ponteareas non só acometeu e acomete habitualmente obras de acondicionamento e arranxo dos citados aparcadoiros, senón que xestionou e habilitou durante estes últimos anos novos espazos para o estacionamento en superficie, distribuídos por todo o centro urbano, para facilitar o estacionamento e para potenciar que, mesmo posibles clientes doutros municipios, atopen facilidades para vir e aparcar en Ponteareas e facer aquí as súas compras”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149