Este proxecto, enmarcado dentro do Plan Hurbe, é froito dun convenio asinado entre Xunta e Concello de Baiona
Medio ambiente licita por case 840.000 euros as obras da nova fase da travesía de Sabarís no concello de Baiona
O proxecto prevé unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou o pasado 4 de marzo no Diario Oficial de Galicia as obras de humanización da nova fase da Travesía interior de Sabarís, no Concello de Baiona, por un importe total de 839.768,62 euros.
Coa licitación dáse cumprimento ao compromiso anunciado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, nunha visita ao Concello e mantense a previsión de iniciar as obras nesta mesma primavera, para que estean rematadas dentro do ano 2015.
Esta nova fase desta actuación, que está enmarcada dentro do Plan Hurbe, consistirá na adecuación da rúa Areas, dende a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira.
O ámbito desta actuación mellorará uns 400 metros, o que a fará máis accesible para os peóns e, ademais, mantén as prazas de aparcamento, co que se consigue comodidade tamén para os vehículos. A necesidade de intervención nesa zona vén dada porque existen varias deficiencias nas redes de saneamento, pluviais e fecais. O proxecto emendará un problema ambiental e de salubridade publica, á vez que se propón a creación dun espazo de calidade para os veciños de Sabarís.
O proxecto prevé unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano. Tamén se procederá a unha reordenación do tráfico rodado e peonil a un só nivel, coa eliminación de barreiras arquitectónicas, creando unha banda de circulación nun só sentido e outra banda funcional, que aloxará todo o paquete de equipamentos urbanos que se consideran precisos. O resto da sección de rúa estrutúrase como unha plataforma peonil na que se incorporan novos elementos de mobiliario urbano, bancos, arboredo, iluminación e xardinaría.
Cómpre recordar que a actuación licitada hoxe por un investimento de case 840.000 euros, se engaden aos 1,26 millóns de euros que xa se investiron na fase I e que permitiron a humanización de máis de 500 metros.
As empresas interesadas en participar neste contrato de obra pública, dispoñen ata principios de abril para presentar as súas ofertas polas canles habituais.
Senda ciclista
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, anunciaba recentemente a licitación das obras para a prolongación do carril bici entre os puntos quilométricos 16+700 e 17+700 na estrada PO-552, no Concello de Baiona.
O trazado do carril-bici dun quilómetro de lonxitude discorre entre o punto quilométrico 16+700 (acceso ao Parador) e o 17+700, e dará continuidade ao carril bici xa rematado entre Baiona e A Guarda que finaliza a aproximadamente 350 metros da entrada ao núcleo de Baiona.
O importe de licitación é de case 215.000 euros e conta con fondos Feder e beneficiará a unha poboación de máis de 25.000 veciños dos concellos de Baiona, Oia e A Guarda. O prazo de execución dos traballos é de 3 meses, polo que estarán rematas neste verán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180