Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 05 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Arredor de 60 persoas foron desaloxadas por mor do incendio nunha nave anexa á gasolineira de Praceres, en Pontevedra

Os axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Pontevedra desaloxaron onte a preto de 60 persoas a causa do lume orixinado nunha nave anexa á gasolineira de Praceres, en Pontevedra. Agás unha persoa que tivo que ser atendida “in situ” afectada por unha crise nerviosa, ninguén resultou ferido. Pouco antes da medianoite e despois de que as forzas de seguridade comprobaran o bo estado das vivendas que lindaban coa gasolineira, os veciños puideron volver ás súas casas. A causa das lapas, arderon tres cisternas, catro turismos e un quinto que se viu afectado pola calor.

 

Os vehículos se atopaban almacenados nunha nave anexa á gasolineira, que funcionaba de taller. O incendio quedou totalmente extinguido cando estaba a piques de dar a medianoite. Os servizos de emerxencias e os axentes da Policía Local e Garda Civil estableceron un perímetro de seguridade duns 600 metros arredor da gasolineira –onde se produciron os desaloxos- e cortaron a circulación pola PO-546 –o tráfico foi desviado pola PO-10 e PO-11-. Igualmente, descartaron calquera risco de contaminación ou perigo para a poboación. O CAE 112 Galicia recibiu varias chamadas de alerta. A primeira ás 19:50 horas de onte. A partir de aí, o persoal do 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron Urxencias Médicas, Bombeiros de Pontevedra, Bombeiros do Salnés, Bombeiros do Morrazo, Protección Civil de Pontevedra, Policía Local, Nacional, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA). Tamén, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia se informou á Conselleria do Medio Ambiente. Un retén dos Bombeiros de Pontevedra permaneceu no lugar do incendio ata pasada a unha da madrugada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.