Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 06 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos dota a Inxertado, en Louredo, dun novo parque infantil

O Concello está a optimizar ademais a área de lecer de Arrufana, tamén na parroquia de Louredo, cuxos traballos de mellora se atopan prácticamente rematados

[Img #17811]Ante a próxima chegada da primavera, o Concello de Mos está a mellorar varios dos seus parques para que os nenos poidan desfrutar ó máximo deles durante as xornadas de bo tempo.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada polo concelleiro mosense de Parques e Xardíns, Cándido Pérez, visitou esta mañá varios dos parques infantís municipais que están a ser reformados dentro dun plan integral de mellora de parques que se iniciou fai varios meses. As áreas de lecer supervisadas hoxe polos representantes municipais foron as de Arrufana e Inxertado, ambas na parroquia de Louredo; e a de Chan do Bosque en Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda.

 

Os traballos no parque de Inxertado, que foi construído dende cero xa que nesa zona non había área de lecer infantil, atópanse xa rematados; mentres que nos parques de Arrufana e Chan do Bosque os operarios atópanse aínda realizando labores de optimización e mellora.

 

Concretamente no parque de Arrufana acometeuse un novo peche metálico perimetral, así coma o pintado da pista deportiva, instalación de bancos e papeleiras, prantación de árbores e prantas e reposición de area nos areeiros.

 

Pola súa banda, e como xa se dixo, a zona de Inxertado foi receptora dun parque infantil de nova construcción dotado de elementos de xogo, bancos, papeleiras e solo de caucho. Tamén se lle instalará próximamente unha fonte de auga potable.

 

Por último, no parque de Chan do Bosque estanse a realizar obras de hormigonado e instalación de caucho no solo, colocación e rematado de bordillos, prantación de árbores e instalarase tamén algún elemento de xogo infantil a maiores dos preexistentes.

 

Tal e como xa se mencionou, o Concello de Mos está a desenvolver un plan integral de mellora dos parques municipais e sobre este plan integral de parques a rexedora local mosense destacou a “importancia do mesmo por existir en Mos un total de 1.479 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, que merecen poder desfrutar ó aire libre do seu tempo de lecer, sobre todo agora nos meses de primavera e verán nos que a climatoloxía o permite, e nunhas instalacións óptimas e da mellor calidade”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.