Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 08 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos presentou na Xunta un proxecto de comunicacións para as parroquias que se incluirá no Plan de Transporte Metropolitano

A alcaldesa lamenta que o PSOE mosense pida algo que xa está presentado dende fai dous meses

[Img #17835]O Concello de Mos presentou xa o pasado mes de xaneiro na Dirección Xeral de Mobilidade da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia un proxecto de transporte para as dez parroquias mosenses elaborado por técnicos municipais e que debe ser estudiado e aprobado pola mencionada administración autonómica, aprobación da que a administración local está á espera.

 

Dito documento inclúe unha nova liña circular que operará de luns a venres e comunicará prácticamente as dez parroquias mosenses. Esta liña realizará dous percorridos, como xa se dixo circulares, en horario de mañá e tarde; o que suporá un total de catro viaxes diarias.

 

Este proxecto elaborado polo Concello de Mos contempla as necesidades en materia de transporte público de todos os núcleos poboacionais mosenses e foi deseñado con motivo da recente aprobación do Plan de Transporte Metropolitano.

 

O documento municipal que foi presentado fai preto xa de dous meses na Xunta contempla a implantación dunha rede de liñas de transporte interurbán en Mos que ten a comodidade de que unirá sempre os núcleos rurais das parroquias da localidade mosense con Puxeiros, para que os veciños poidan facer as pertinentes conexións coas actuais liñas que enlazan co Concello de Vigo e que son as que pasan pola estrada Nacional 120.

 

O paso constante por Puxeiros tamén lles facilitará o seu quefacer diario ós habitantes de Mos ó tratarse esta da zona onde se ubican as oficinas das entidades bancarias e Correos e estar tamén moi próximo o Centro de Saúde.

 

Ademais con esta liña circular existirá a posibilidade de que, por exemplo, un veciño da parroquia de Mos poida ir en transporte público ata outras parroquias do municipio coma Pereiras ou Cela, opción que non existía ata o de agora.

 

Arévalo tamén destacou sobre esta proposta municipal de liña circular que non se solapa coas liñas de autobús interurbán preexistentes, que seguirán operando a maiores coma ata o de agora. Unha vez comece a operar a nova liña circular, en función do uso e demanda da mesma, poderíanse estudiar posibles modificacións de rutas e horarios. Tan só a liña circular, sen contar as liñas preexistentes, dará servizo a uns 9.000 dos 15.000 veciños do Concello de Mos.

 

Neste sentido a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, critica a actitude e o descoñecemento do grupo municipal do PSOE “cuxos membros carecen de sentido común ó esixir medidas que xa están postas en marcha e anunciadas, e ademais dende fai bastante tempo, polo equipo de goberno local”. “Van a rebufo das medidas tomadas por este goberno, ó igual que fixeron fai poucos días ó reclamar en prensa unha mellora viaria en Veigadaña que se atopa incluída dende fai catro meses nun plan da Deputación de Pontevedra”.

 

A este respecto a rexedora local mosense apunta que “os socialistas mosenses pretenden erixirse agora de repente nos salvadores de Mos” e que “esta desesperación por criticar infundada e indiscriminadamente nos medios de comunicación ven dada pola proximidade das vindeiras eleccións municipais”, pero Arévalo asegura que “acordaron demasiado tarde para empezar a bombardear con notas de prensa, terían que haber empezado a traballar dende o comezo de lexislatura e non a difamar agora, xa que a veciñanza non é tonta e percátase destas extratexias in extremis”, concluiu.

 

Por último a alcaldesa calificou de “lamentable” que o PSOE non apoiase en Pleno o Plan de Transporte Metropolitano que ven a beneficiar ós veciños e veciñas de Mos e que agora pida un plan de transporte para as parroquias. Arévalo define neste sentido a actitude dos socialistas de “contraditoria e incongruente”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.