Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 09 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os gañadores do concurso de textos e o concerto de Marta Quintana protagonistas do Día da Muller en Mos

Os premios ós mellores textos recaeron en André Vilar e Candela Alonso, de 8 e 10 anos de idade, respectivamente

[Img #17857]Onte 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebrouse o acto central da programación municipal conmemorativa desta data cun concerto de Marta Quintana e a entrega de premios do Concurso Escolar de Textos ‘A túa visión sobre a muller’. Iniciouse ás 18.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, e contou coa presencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira mosense de Benestar Social e Cultura, Sara Cebreiro.

 

A mosense arpista e vocalista folk, Marta Quintana, deu un marabilloso concerto no que intepretou temas dos seus tres discos: Lus, Amable e Sete Saias, que intercalou coa lectura de poemas propios e alleos e reflexións sobre a muller.

 

Tras a actuación de Quintana, veciña de Pereiras, chegou o fallo do concurso de textos no que os gañadores foron: na Categoría I de 6 a 8 anos Xiana Alonso Vázquez de 6 anos de idade e alumna do CEIP Pena de Francia que recibiu o premio á mellor mensaxe, e André Vilar Ledo de 8 anos de idade e alumno do CEIP Pena de Francia que recibiu o premio ó mellor texto; e na categoría II de 9 a 12 anos María Cardoso Ledo de 9 anos de idade e alumna do CEIP Pena de Francia que recibiu o premio á mellor mensaxe e Candela Alonso Rodíguez de 10 anos de idade e alumna do CEIP Fernández López que recibiu o premio ó mellor texto. Moitos dos participantes coincidiron en destacar o papel das avoas nas súas vidas, como mulleres importantes, traballadoras e xenerosas.

 

Sobre o Concurso Escolar de Textos ‘A túa visión sobre a muller’ Cebreiro declaraba que “o Día Internacional da Muller é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, por iso dende o Concello de Mos, quixemos aproveitar a ocasión para poñer en marcha este Concurso Escolar de Textos, para potenciar á creatividade dos estudiantes ó tempo que fomentamos entre eles a reflexión sobre o papel actual da muller”.

 

Os textos participantes podían estar escritos en galego ou en castelán e en calquera tipo de formato: tanto poético coma narrativo, descritivo, etc. Ademais de texto os rapaces podían engadirlle á súa creación debuxos, ilustracións, fotos, etc. Tamén podían empregar os materiais que desexasen: lapis, bolígrafos, rotuladores, etc.; e o tamaño non poderá exceder dun folio tamaño A4 por ambos os dous lados. O texto debía ser obra do/a propio/a neno/a, que tiña que incluír ao final como mínimo, o seu nome, idade, enderezo, centro educativo e teléfono de contacto. Só se aceptou un texto por persoa.

 

O xurado que valorou os textos presentados a concurso estivo composto por diferentes técnicos/as municipais dos departamentos de Cultura e Benestar Social e tivo en conta sobre todo a calidade e orixinalidade, así como os seus valores e mensaxes.

 

A programación municipal deste ano con motivo do Día Internacional da Muller levou por título ‘Dende nenos abrazando o futuro da muller’ xa que coas actividades programadas pretendíase potenciar a creatividade dos estudiantes ó tempo que se fomentaba entre eles a reflexión sobre o papel actual da muller. Tamén se organizaron iniciativas, sempre con carácter didáctico e educativo, dirixidas ós pais e nais dos cativos mosenses, de ahí o título do programa. Foi por este motivo que nesta ocasión non se homenaxeou a ningunha muller mosense en concreto, senón que se orientaron os actos conmemorativos do Día Internacional da Muller a educar na igualdade dende a infancia e o propio fogar.

 

Precisamente a actividade estrela deste ano foi o Concurso Escolar de Textos ‘A túa visión sobre a muller’, cuxos gañadores leron as súas creacións como clausura do simbólico día de onte. Todos os presentados foron textos enormemente significativos e emotivos.

 

Tódolos pequenos participantes neste concurso realizaron traballos con gran esforzo, implicación e sensibilidade. Dende o Concello de Mos en xeral e dende a concellería de Benestar Social en particular, considérase que a educación dende a infancia sobre o tema da igualdade entre xéneros é o único modo de acadala de xeito real.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.