Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 10 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Cátering Galicia recibe o premio ao mellor restaurante e stand na XVI edición de Xantar 2015

[Img #17860]A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, entregoulle, este domingo, ao stand e restaurante “Vila do Corpus-Ponteareas”, de Cátering Galicia, o Primeiro Premio ao mellor restaurante e stand na XVI edición do Salón Galego da Gastronomía e Turismo, Xantar 2015”, que tivo lugar desde o día 4 ao 8 de marzo de 2015 en Ourense.

 

O stand e restaurante “Vila do Corpus-Ponteareas”, de Cátering Galicia, é o quinto ano que, patrocinado polo Concello de Ponteareas, representa neste salón internacional de Expourense a gastronomía do municipio. Ao stand achegouse ao longo destes días numeroso público, que foi obsequiado coas exquisitas rosquillas de Ponteareas e grazas ao cal prétendese, en palabras do edil de Turismo, Andrés Sampedro Fernández,  “dar a coñecer a riqueza gastronómica de Ponteareas, converténdose nun dos motores turísticos da vila, xunto coa maior fonte de riqueza de atracción turística que é a celebración do Corpus Chirsti, Festa de Interese Turístico Internacional, que ano a ano congrega en Ponteareas a milleiros de visitantes”.

 

O alcalde, Salvador González Solla, amósase moi satisfeito pola consecución deste galardón por parte do stand “Vila do Corpus- Ponteareas” e felicita á empresa Cátering Galicia pola “excelencia e esmero da súa empresa, pioneira do cátering en Galicia”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.