Ponteareas
O PSOE solicita a mellora da PO-4001 ao seu paso por Fontenla, Arcos, Santiago de Oliveira, Celeiros e Guillade
Chus Garrote denuncia que “esta estrada carece de beirarrúas en tramos onde a presenza de peóns na vía é relativamente alta, e carece tamén de beiravías na maioría dos seus tramos, sendo perigosa para a seguridade viaria dos peóns que por alí camiñan”
A candidata socialista á Alcaldía, Chus Garrote, que ven mantendo nas últimas semanas reunións con diferentes colectivos e asociacións das parroquias de Ponteareas, faise eco do que califica de “deplorable estado no que se atopa a estrada que une o casco urbano coa parroquia de Guillade”.
“Nos últimos tempos esta estrada viu incrementado o seu tráfico debido á construción de novas vivendas nas parroquias que cruza, Fontenla, Arcos, Santiago de Oliveira, Celeiros e Guillade. Á dificultade do trazado, con numerosas curvas, a deficiente situación do pintado da mesma,e a ausencia de beirarrúas e beiravías supón un perigo para os peóns que por ela transitan diariamente”, afirma a voceira municipal.
A candidata socialista sinalaba, do mesmo xeito, que “é lamentable que nunha estrada coma esa, que é de titularidade provincial, non se investira absolutamente nada dende o ano 2000. A despreocupación do Partido Popular polos veciños das parroquias e a súa falta de vontade son as causantes de que esa estrada presente esa situación tan lamentable. Non podemos esperar á que ocorra algunha desgraza para arranxala”.
O Partido Socialista levará a pleno unha moción instando á Deputación Provincial “a que tome cartas no asunto e a arranxe”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149