Gondomar
Manuela Rodríguez Pumar encabezará a lista do BNG en Gondomar
O Bloque Nacionalista Galego aprobou por unanimidade a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. A elección realizouse en asemblea aberta, como parte do proceso que denominamos “Construíndo futuro”, que se fundamentou na convocatoria de asembleas abertas en todas as comarcas coa finalidade de posibilitar a participación activa da nosa base social máis alá das propias siglas do BNG.
A candidatura do BNG-Asembleas Abertas para Gondomar é “unha candidatura paritaria na que se empregaron criterios de alternancia de xénero, compromiso co traballo a nivel social: no veciñal, cultural, asociativo ou sindical, ao tempo que se quixo contar tamén con persoas de distintas parroquias de Gondomar” explican dende a formación nacionalista engadindo que “será completada máis adiante cos postos suplentes, para os que xa se están confirmando varias persoas e que completarán ese abano representativo no participativo e no xeográfico”.
A candidatura está encabezada por Manuela Rodríguez Pumar, como xa se fixo público no seu día, e péchaa Antón García, quen foi concelleiro do BNG nas lexislaturas de 2003-2007 e 2007-2011, seno nesta última concelleiro de Vías e obras durante o tempo en que a alcaldía lle correspondeu ao BNG. Na asemblea elixiuse tamén a Eduardo García Parada como candidato do BNG á Entidade Menor de Morgadáns
Esta é a candidatura aprobada: Mª Manuela Rodríguez Pumar, Alfredo López Fernández, Mercedes Fernández Martínez, Bieito Álvarez Lobariñas, Josefina Álvarez Palmas, Fernando Rei Goris, Ana Bringas López, Lorenzo Rodríguez Dacosta, Mercedes Domínguez Santomé, Álvaro Lores Frade, Helena Quintas Alborés, Aldán López Dacosta, Xosé Lois Ruíz Vicente, Susana Catalina Fernandez Hermida, Xavier Gómez Guinovart, Marta Dacosta Alonso e Antón García Fernández.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191