Mos
Carlos Meixide presenta o seu monólogo ‘Humor Infame’ en Mos este venres
O humorista Carlos Meixide presenta este venres no Centro Cultural As Pedriñas de Tameiga (Mos) o seu monólogo ‘Humor Infame’. Será a partir das 22:30 e a entrada é de balde.
O polifacético Carlos Meixide, membro do coñecido dúo cómico-musical ‘Os da Ría’ e un clásico das famosas Ultranoites da Sala Nasa de Santiago de Compostela, ofrece con este monólogo unha escolma dos mellores números da súa dilatada carreira como humorista, que van do humor raiano no absurdo, cando non absurdo en si mesmo, á apoteose final das súas ‘extraordinarias exhibicións memorísticas’. ‘Humor Infame’, di Meixide, ‘vén sendo unha reivindicación do chiste malo nestes tempos de precariedade. É unha homenaxe tamén a todos aqueles que collen os chistes tarde, porque o importante non é cando se collen, senón o feito de collelos... que se non se collen tampouco pasa nada, sorriso cínico e ao seguinte’, conclúe.
O monólogo deste venres en Mos forma parte da xeira que está a levar a Meixide por outros locais do país. Poderemos velo o domingo na Pousada das Ánimas de Boiro, o 29 de marzo na Arca de Noe de Vilar de Santos e o 10 de abril na Taberna de Cerceda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213