Galicia
Galicia e Portugal deciden seguir avanzando para regularizar a caza e pesca no tramo internacional do río Miño
A conselleira Ethel Vázquez, participou hoxe en Vigo no I Cumio de Medio Ambiente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal xunto cos secretarios de Estado do Ambiente e de Ordenamento do Territorio e Conservaçao da Natureza do país veciño
Os responsables das políticas ambientais de Galicia e Portugal sentaron hoxe as bases para iniciar unha nova etapa de colaboración na protección do territorio e na xestión dos recursos naturais. Ese foi o resultado do I Cumio de Medio Ambiente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal –organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal- que se celebrou esta mañá en Vigo e na que participaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e os secretarios de Estado de Portugal de Ambiente, Paulo Lemos, e de Ordenamento do Territorio e Conservaçao da Natureza, Miguel de Castro. En representación do Goberno galego asistiron tamén o director xeral de Relacións exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado.
Froito das conversas entre ambas administracións, esta mesma primavera se presentará o Plan de acción da Reserva da Biosfera Gerês-Xures, única reserva da biosfera transfronteiriza hispano lusa. Este plan de acción será a folla de ruta conxunta de ambos territorios para a Reserva ata o ano 2020, salientou Vázquez Mourelle, quen adiantou que se organiza en base a catro eixe prioritarios, como son a imaxe e a identidade da reserva, o desenvolvemento socioeconómico, a conservación da natureza e a participación social e a integración da comunidade. Segundo Ethel Vázquez, este plan implicará unha inversión de 13 millóns de euros e “esta actuación conxunta permitirá acollerse a distintas liñas de financiamento europeo”, polo que apostou por aproveitar os fondos europeos do novo operativo 2014-2020 para proxectos conxuntos en materia ambiental e territorial.
Ambos mandatarios coincidiron na conveniencia de definir proxectos conxuntos que permitan presentar candidaturas comúns aos fondos europeos de cooperación transfronteiriza.
A conselleira de Medio Ambiente salientou que “as relacións e a simbiose social e económica existente entre ambas zonas é evidente no feito de compartir territorio, unha industria moi relacionada e o traballo por ter unha infraestruturas axeitadas entre ambos”. Apostou por abordar políticas de protección e ordenación do territorio en común, para preservar a cultura e as sinais de identidade que comparte esta eurorrexión.
Nesta aposta por potenciar a paisaxe nesta zona, intercambiouse información sobre os instrumentos de planeamento urbano e, en especial, en materia de rehabilitación e potenciación dos cascos históricos, xa que ademais de conservar e protexer as sinais de identidade desta zona, se aposta polo afianzamento da actividade económica, como a que xera a turística. Neste sentido, apelou á necesidade de aproveitar os fondos interreg para desenvolver proxectos comúns en materia de rehabilitación urbanas. Ao tempo que se abordou os instrumentos cos que conta ambas administracións para mitigar os impactos ambientais e de protección da paisaxe.
Recordou que a Xunta ten dado un salto cualitativo en canto a ordenación do territorio, obxectivo que se persegue na nova lei do solo. Destacou o esforzo que realizou a Xunta facilitando a redacción dos plan xerais de ordenación municipal, apoio que se demostrou a través das axuda e subvencións e das continuas e numerosas reunións que se celebraron entre os técnicos da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e urbanismo e os equipos redactores.
Outro dos retos fixados neste primeiro cumio foron as infraestruturas hidráulicas. Ambas administracións coincidiron nos beneficios que reporta a presentación de proxectos conxuntos a futuras convocatorias europeas; polo que se analizaron as necesidades conxuntas en materia de abastecemento e saneamento.
Acordaron a creación dun grupo de traballo formado por técnicos de ambas administracións para promover a posta en marcha de proxectos comúns, co obxectivo de mellorar e identificar deficiencias comúns en materia de infraestruturas de saneamento.
Antecedentes satisfactorios
A conselleira de Medio Ambiente lembrou que o Goberno galego e o portugués xa teñen colaborado en iniciativas relativas ao coidado do medio ambiente que resultaron satisfactorias, polo que os froitos recollidos invitan a seguir avanzando nesta liña de sumar esforzos entre ambos gobernos. Así, Ethel Vázquez referíase á harmonización da regularización da caza e da pesca no tramo internacional do río Miño e engadiu que -a reunión celebrada hoxe- serviu para avanzar na creación dun grupo de traballo conxunto que estude as potencialidades económicas-ambientais do río Miño.
Por último, tamén se propuxo a elaboración dun convenio para seguir mellorando a monitorización e predición das costas potenciando o desenvolvemento científico tecnolóxico que favoreza o desenvolvemento da economía do mar.
A conselleira lembrou que ata o momento esta colaboración estaba cimentada no proxecto Raia (Observatorio mariño do litoral ibérico), que garantiu o intercambio de datos e a instalación de boias de observación océano-meteorolóxicas e de oleaxe en ambos lados da fronteira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121