Ponteareas
O PSOE solicitará a comparecencia do Alcalde ante a apertura dun Centro de Día que califican de “ilegal”
Este centro, segundo os socialistas, carecería “de licenza de obras, permiso administrativo da Xunta de Galicia e licenza municipal de apertura”.
O PSOE de Ponteareas alerta dunha apertura, que califican de “ilegal”, nun Centro de Día ubicado en Ponteareas. O centro, aseguran nun comunicado de prensa, “carece de licenza de obra para o acondicionamento do local, permisos administrativos da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, así como de licenza municipal de apertura”.
“As obras realizadas no local onde se sitúa xa o centro foron denunciadas ante o Concello de Ponteareas o 19 de decembro de 2014. Aínda así, ditas obras continuaron e se procedeu a abrir o local, onde actualmente acoden e son atendidas varias persoas” aseguran os socialistas.
O PSOE de Ponteareas solicitará no vindeiro pleno a comparecencia do Alcalde para que “de conta da actuación do Concello dende o 19 de decembro, momento no que se denuncian as obras”.
Os socialistas quere saber “por que non se paralizaron as obras, por qué se abriu o centro sen ter os permisos administrativos correspondentes e cales son os intereses que poden ter diferentes membros do goberno para a apertura precipitada do local”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149