Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 15 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Un 40% do alumnado da ESO en Salceda non finaliza os estudos

[Img #17918]A Concellaría de Ensino do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Teresa Pérez, bota a andar un proxecto dirixido ao alumnado de secundaria, que baixo o nome “Técnicas de estudo: cómo combater o fracaso escolar”, busca axudar aos estudantes a obter un maior rendemento con un menor esforzo.

 

Trátase de fomentar a motivación dos e das estudantes e a toma de conciencia dos problemas que cada un poida ter á hora de enfrontarse aos estudios. Os estudantes adquirirán unha serie de hábitos, técnicas e habilidades para mellorar o seu rendemento académico e, por conseguinte, aprenderán a economizar o seu tempo de estudo.

 

A iniciativa preséntase despois de que o IES Pedras Rubias de Salceda, alertase do enorme índice de fracaso escolar existente na actualidade: “un 40% do alumnado da ESO non finaliza os estudos ou, se os finalizan, non continúan con estudios superiores”.

 

As clases terán lugar na Casa da Cultura Castelao durante o terceiro trimestre do curso escolar, e estarán impartidas por dúas profesionais do sector. Os interesados deberán solicitar a súa participación a través do Rexistro Xeral do Concello, podendo dirixirse á Concellaría de Educación en caso de precisar máis información ao respecto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.