Tomiño
O PP confirma a Esteban González en Tomiño como candidato á alcaldía para as próximas eleccións municipais
Esteban González Miranda, de 33 anos de idade, titulado en Comercio nacional e natural da parroquia de Estás presentouse o pasado día 13 públicamente como candidato á Alcaldía do Partido Popular de Tomiño, nun acto no que estivo arroupado por Alcaldes, concelleiros e unha candidata do PP da comarca, a portavoz e presidenta da Xestora Paula Romeu, o Presidente provincial Rafael Louzán así como a Directora de Turismo, Nava Castro, o Director Xeral de Administración Local , Alberto Pazos, así coma un gran número de afiliados, simpatizantes e amigos.
En palabras de Alberto Pazos "o PP non o fan os que están nos departamentos da Xunta de Galicia senon todos e cada un dos que estades presentes hoxe aquí e que visitades cada día cada un dos recunchos do voso Concello" e "estades hoxe apoiando a Esteban, unha persona que leva traballando toda a vida no PP de Tomiño en prol dos tomiñeses e tomiñesas que residen nas 15 parroquias que compoñen o Concello de Tomiño".
Rafael Louzán salientou que "A Deputación de Pontevedra ven de aprobar unha ampliación na financiación destinada a Saneamento do Concello de Tomiño, tendo en conta tamen a preocupación polo emprego plasmada na financiación dos diferentes Plans de Emprego destinados ós desempregados de Tomiño, xerando máis de 100 postos de traballo no Concello".
"Hoxe apóstase por Esteban, un home da casa, e creo que os veciños de Tomiño valorarán esta opción que, convinada coa experiencia doutros membros que o acompañarán, serán quen de traer savia nova ó Concello de Tomiño".
Esteban González, pola súa parte, manifestou sentirse "moi emocionado por encabezar o equipo de homes e mulleres renovado, unido e ilusionado que se presentará nos vindeiros días", "que é preciso facer fincapé nos 1.700 desempregados do Concello de Tomiño, nos Servizos Sociais e na Educación como piares fundamentais para o desenvolvemento do Concello de Tomiño", e insistiu en que "nos presentamos como a única alternativa real que estou tremendamente orgulloso de encabezar".
Por último destacou, que as Novas Xeracións, nas que él mesmo ten a súa orixe, "son a verdadeira rexeneración da política sumado á experiencia e pericia dos máis maiores".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101