Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 19 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A posta en valor do Castro de Torroso farase realidade

Fomento e Deputación asinan un convenio de colaboración para a recuperación de patrimonio arqueolóxico que inclúe ó principal xacemento mosense

O pasado sábado pola tarde o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra,  representados pola ministra Ana Pastor e o presidente provincial, Rafael Louzán, respectivamente, formalizaban mediante a súa sinatura un convenio de colaboración entre administracións para levar a cabo a recuperación de 23 xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra, entre os que se atopa o mosense Castro de Torroso. A propia alcaldesa de [Img #17989]Mos, Nidia Arévalo, estivo presente neste acto e puido trasladarlle á ministra a importancia patrimonial arqueolóxica do Castro de Torroso entre os xacementos galaico-romanos da comunidade autónoma galega.

 

A posta en valor desta xoia patrimonial mosense fora precisamente solicitada fai poucos meses polos alumnos de 3º curso da ESO-Diver do IES de Mos. O pasado mes de xaneiro a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, reuníanse no Concello cunha representación de estudiantes que acudiron ó encontro acompañados dun dos seus mestres. Esta entrevista fora solicitada por iniciativa dos propios estudiantes da área de Cienciais Sociais, interesados polo Castro de Torroso e que, tras unha visita ó mesmo, apreciaron a necesidade de poñelo en valor e promocionalo tanto a nivel local como autonómico, por ser un dos máis antigos de Galicia, xa que data do século VII A.C.

 

Daquela xuntanza xurdiu a elaboración por parte do Concello de Mos dun proxecto de recuperación do castro e o compromiso da rexedora local mosense de solicitar a axuda doutras administracións para levalo acabo, compromiso que a escasos dous meses da súa adquisición ten xa unha resposta e será unha realidade nun futuro moi próximo.

 

Os alumnos do Instituto animáronse a tomar esta iniciativa motivados sobre todo pola realidade de que a gran parte do alumnado do IES non coñece a existencia do Castro de Torroso, a pesar de que se atopa a escasos metros do centro educativo, e que en xeral este xacemento arqueolóxico é descoñecido tamén por gran parte dos habitantes do Concello de Mos.

 

A posta en valor do Castro de Torroso precisa tres liñas de actuación a levar a cabo na seguinte orde: primeiro a limpeza da cobertura vexetal, segundo instalación de paneis interpretativos e, terceiro, consolidación das estruturas danadas.

 

O convenio para a recuperación dos xacementos pontevedreses, incluído o mosense de Torroso, establece que será o Ministerio de Fomento quen marcará as liñas estratéxicas en canto a accesibilidade e musealización destes enclaves, mentres que a Deputación de Pontevedra encargarase dos labores de limpeza, mantemento, excavación se fose necesaria e dixitalización dos bens que os compoñen. En todo caso esta posta en valor do Castro de Torroso traerá consigo repercusións enormemente positivas para todo o municipio, tanto a nivel cultural como turístico.

 

O Castro de Torroso no Museo de Pontevedra

 

[Img #17990]

No Museo de Pontevedra gárdanse todos os obxectos que se exhumaron ao longo das campañas que se desenvolveron no xacemento entre 1984 e 1990 baixo a dirección do arqueólogo Antonio de la Peña: restos cerámicos, fragmentos de metais (adornos persoais de bronce e prata, fouces e armas de ferro), así como de diferentes útiles líticos (pedras de afiar, etc…).

 

O coñecido como Castro de Torroso destaca por ser unha aldea fortificada que se levantou na transición entre a Idade do Bronce e a Idade do Ferro, alá polo s. VII antes de Cristo. Neste momento os grupos humanos, escollen os outeiros para edificar as súas aldeas, que fortifican co obxecto de mellorar as súas defensas, o que fai pensar aos arqueólogos que a convivencia entre comunidades e a explotación dos recursos do territorio (gando, terra, minas…) é causa dunha crecente de desigualdade e conflitividade social. Por iso o sector suroeste do poboado, o que conta cunhas defensas naturais máis febles, presenta un sistema defensivo realizado polo ser humano composto por tres fosos concéntricos complementados cos seus respectivos parapetos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.