Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 20 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Gondomar

Este domingo día 22 Peitieiros celebra un serán en homenaxe ás pandeireteiras

O CCV de Peitieiros quere así celebrar o día da muller

Este domingo 22 de marzo a partir das 17:00 h. no Adro de Peitieiros, no que permanecerá instalada unha carpa, o Centro Cultural e Veciñal, en colaboración coa Comisión de Festas organizan un Serán ao que convida a todos os grupos e a todas as persoas que o desexen. A festa rematará cunha chocolatada para as e os participantes.

 

O motivo que levou ao CCV de Peitieiros a organizar este serán en colaboración coa Comisión de Festas foi o de conmemorar o día internacional da Muller cunha actividade festiva. Por iso este serán brindará unha homenaxe ás pandeireteiras, simbolizando nelas a importancia do papel da muller na transmisión da nosa música en particular e da nosa cultura en xeral, visibilizándoas e dándolles o protagonismo que merecen. E para facelo convidan a participar ás pandeireteiras, gaiteiros, e todo tipo de formacións tradicionais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.