Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 28 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

“Overture”, primeiro disco dos salcedenses Batemento

[Img #18101]“Overture”, gravado nos estudios de Élite Musical (Vigo) componse de 12 temas nos que se fusiona a música electrónica coa gaita galega, e que recollen versións que van dende o tradicional “Miudiño”, a outras propias ou de autor, todas elas versionadas polo grupo. “Angrois”, o tema que Batemento adicara ás víctimas do accidente ferroviario tamén aparece no disco, que vai adicado na súa totalidade ás víctimas do mesmo.

 

Batemento é unha agrupación formada por tres músicos salcedenses: Aitor Domínguez, Cristian Vázquez e Carlos Mariño que deseñan un novo concepto musical en Galicia, fusionando diversos estilos musicais actuais como o Chill-Out, Dance, Pop e Trance con instrumentos tradicionais como a Gaita Galega, Whistle, Flauta Barroca ou a Uillean Pipe Digital, mesturando todo coa máis avanzada tecnoloxía de vangarda. Os seus temas transmiten todo tipo de sensacións, xa non só musicais, senon emocionais. É dicir, cada unha das cancións está composta basándose en vivencias personais de cada un dos compoñentes coa idea de transmitírlla ao oínte, ben sexa en directo, en formato dixital ou físico-CD. A idea principal deste proxecto é dirixir cada un dos temas ao público, basándose nos seus gustos e conseguir proxectalos a unha atmosfera sonora capaz de transportar ao oínte a un Universo Paralelo de emocións e sentimentos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.