Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 26 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Benestar licitará este ano a obra dunha nova escola infantil de 82 prazas en Mos

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou o obradoiro de emprego de Mos ‘Rehabilitación Casa Reitoral de Petelos’, acompañada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e visitou os terreos onde se construirá este centro

[Img #18108]A Consellería de Traballo e Benestar licitará ao longo de este ano a obra de construción dunha nova escola infantil en Mos (Pontevedra) con 82 prazas e 6 unidades que suporá un orzamento de 600.000 euros, dos cales o departamento autonómico achegará o 60%, mentres que o concello vai aportar o 40% restante. A previsión é que estea en funcionamento no curso 2016-2017.

 

Así o anunciaba o pasado 24 de marzo a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que clausurou o obradoiro de emprego de Mos ‘Rehabilitación Casa Reitoral de Petelos’, acompañada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e que visitou os terreos onde se construirá este centro educativo. Mato explicou que esta escola vaise converter no terceiro centro da rede autonómica ‘A Galiña Azul’ na localidade e vai elevar ata 164 as prazas públicas de educación infantil do concello.

 

Ademais deste novo centro, este Goberno tamén puxo en marcha a escola de Coto Torrón (41 prazas), que abriu as súas portas en xuño de 2011, o que quere dicir que se van multiplicar por catro as prazas públicas de educación infantil existentes en 2009.

 

No que se refire á comarca de Vigo, actualmente existen 18 escolas da Galiña Azul e 1.260 prazas. Delas, cinco escolas e 347 prazas foron creadas por este Goberno. Vanse poñer en marcha tres novas escolas, que actualmente se atopan en distintas fases do proxecto: a de Mos, con 82 prazas; a de Redondela, con 61; e a de Vigo da Fundación Amancio Ortega, con 82 prazas. É dicir, 225 prazas máis na comarca, que van elevar o total ata 1.485.

 

O próximo curso se van ofrecer un total de 9.294 prazas para os nenos e nenas de 0 a 3 anos en 159 escolas repartidas por toda Galicia. Isto supón 3.827 prazas máis das existentes en 2009, o que supón un crecemento do 70%. Por primeira vez alcanzouse en Galicia a ratio de 33 prazas públicas por cada 100 nenos en idade de acceso a unha escola infantil, que recomenda a Unión Europea.

 

Obradoiro de emprego

 

[Img #18105]Beatriz Mato participou tamén, o pasado martes, na entrega de diplomas aos 19 traballadores desempregados que superaron o cuarto obradoiro organizado nesta localidade e que supuxo unha inversión de 170.000 euros. En total, estas catro iniciativas beneficiaron a 116 alumnos e supuxeron un investimento de 1,8 millóns de euros.

 

A responsable de Traballo indicou que a través dos obradoiros ofreceuse unha formación teórica e práctica da máxima calidade nas especialidades de cantería e traballos forestais vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional.     En concreto, este obradoiro permitiu a rehabilitación da Casa Reitoral da parroquia de Petelos e o mantemento da súa zona verde, así como a revalorización de distintos espazos naturais do concello.

 

Mato engadiu que o departamento autonómico, ademais de blindar a orde anual de obradoiros, por primeira vez realizou unha convocatoria para menores de 25 anos, incluída dentro do novo programa de Garantía Xuvenil. Isto quere dicir que no presente ano investiranse en total 15 millóns de euros na posta en marcha de máis de 70 obradoiros, nos que participarán 2.000 alumnos. Un investimento superior nun 50% ao do pasado ano. En concreto, na provincia de Pontevedra celebráronse 12 obradoiros, que beneficiaron a 22 concellos, contaron con 242 alumnos e un orzamento de 2 millóns de euros.

 

A conselleira destacou a importancia da colaboración cos concellos con iniciativas pioneiras como a formación dual, posta en marcha o pasado ano de maneira experimental e do que, nos próximos días, publicarase de novo a orde, cun orzamento de 2,65 millóns de euros, que vai consolidar este programa. Trátase duns contratos que están deseñados para menores de 30 anos en situación de desemprego, e que esixen que –como mínimo– o 25% da xornada se dedique á formación.

 

Nestes momentos, 188 traballadores de 21 concellos e unha mancomunidade están contratados a través da formación dual. A Consellería está a investir 600.000 euros en financiar a parte formativa e incentivar a contratación.

 

Beatriz Mato tamén se referiu á posta en marcha de forma pioneira en 2014 dunha orde de contratación para persoas perceptoras da RISGA. Nesa primeira edición dedicáronse 5 millóns de euros ao programa, que permitiron contratar a máis de 600 traballadores. Este ano vaise dobrar o investimento para chegar a preto de 1.100 beneficiarios. Con ese esforzo beneficiarase a todos os concellos de Galicia que soliciten os contratos, e vanse conceder a práctica totalidade dos contratos que pidan.

 

Mos foi un dos concellos que participou na experiencia piloto con 10 traballadores e 102.000 euros, e tamén van participar nesta segunda edición con 5 traballadores e un investimento de 34.000 euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.