Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 27 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Os populares denuncian as dificultades de acceso a copias de documentos en Salceda

En outubro o Valedor do Pobo admitiu a trámite as queixas do PP requiríndolle ao Concello información ao respecto nun prazo de 15 días. En decembro seguían sen dar acceso aos cinco documentos solicitados. Agora aínda falta un deles, un expediente de reposición de legalidade urbanística requirido por primeira vez en marzo do pasado ano

[Img #18122]O Partido Popular de Salceda de Caselas ven de recibir nos últimos días unha nova notificación do Valedor do Pobo informándolle que “o sr. Alcade do Concello de Salceda de Caselas aínda non remitiu o informe demandado”, séndolle requirido novamente e recordándolle expresamente que tal envío resulta unha obriga legal, segundo o establecido no artigo 22 da Lei do Valedor do Pobo.

 

O tema remóntase ao pasado mes de outubro cando o Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández Rodríguez, admitiu a trámite todas as queixas presentadas polo Partido Popular de Salceda de Caselas nas que os populares pedían a súa mediación co fin de que o Goberno local cumpra a obriga de contestar no prazo requirido á documentación solicitada polo grupo da oposición.

 

O Valedor do Pobo abriu entón expediente por cada unha das queixas formuladas e requiriulle ao Concello de Salceda de Caselas que no prazo de 15 días facilitase información sobre os problemas expostos nas queixas recibidas, “algo que a data de decembro do ano pasado seguían sen cumprir, segundo se demostraba noutra das misivas que recibimos a comezos dese mes. Agora, rematando marzo de 2015, aínda falta un dos cinco documentos requiridos referente a un expediente urbanístico”, sinala o presidente e concelleiro do PP local Santiago Rodríguez Davila.

 

Os populares denunciaron en varias ocasións as dificultades de acceso a copias de documentos que forman os correspondentes expedientes administrativos. En concreto este último que falta trátase dun expediente de reposición da legalidade urbanística dunha obra realizada por un particular e que nesta ocasión tivo que ser solicitada ata 4 veces distintas, a primeira en marzo de 2014, sen que aínda hoxe se teña resposta.

 

“É moi triste ter que recorrer ao Valedor do Pobo para poder acceder á documentación que lle solicitamos en repetidas ocasións ao alcalde”, explica Rodríguez Davila. Nesta liña, o voceiro popular considera “lamentable” a actitude amosada polo rexedor local, porque “o que dá a entender é que ten algo que agochar neste documento. Se el, que presume de transparencia, ten problemas en facilitar determinada documentación, o que nos fai ver é que lle molesta que exerzamos o noso dereito a facer oposición, e sobre todo, intenta aburrirnos para que desistamos dos nosos propósitos e así campar el ás súas anchas”.

 

“O alcalde presume do contrario que fai, porque se fora transparente, tería que contestar as nosas peticións en cinco días, e nalgúns casos pasaron máis dun ano antes de que se obtivera a información”, subliña Rodríguez Davila.

 

Os populares volven preguntarlle aos membros do Goberno local qué intentan esconder no caso do expediente urbanístico, requirido ata catro veces distintas polo Partido Popular sen obter aínda resposta a pesar de que transcorreu un ano desde a primeira petición, e de que ata en dúas ocasións o alcalde respondeu en sesión plenaria que a información se facilitaría “nos próximos días”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.