Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 29 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os socialistas de Mos presentan cinco novas propostas para completar a reforma da A-55

[Img #18125]As medidas propostas para incorporación ó informe técnico municipal incluirían actuacións na rotonda de enlace da AP-9 coa A-55 en ámbolos dous sentidos e que o mesmo tempo e a saída o núcleo de Puxeiros, e a incorporación a A-55 dos veciños do noroeste do Concello de Mos. Esta actuación pese a ser no concello de Vigo, afecta na súa mais grande parte ós veciños de Mos, e non estaba contemplada inicialmente.

 

Tamén se propón unha actuación na rotonda da saída a avenida de Sanguiñeda, onde se propón a regulación do transito de peatóns con pasos de cebra e beirarrúas útiles.

 

Na saída de Cerqueirás, propoñen unha mellora e acondicionamento, agora mesmo de reducidas dimensións e a construción de unha rotonda peraltada no cruce de Cerqueirás no que conflúen ca mencionada saída, mais de cinco viais locais.

 

Na incorporación da rotonda do Costilleta a A-55 dirección Vigo, que o mesmo tempo é saída a A-52 dirección Ourense en menos de 50 metros, solicitan a ampliación dos tramos de aceleración e deceleración que conflúen no mesmo tramo na actualidade.

 

Finalmente, propoñen unha actuación mais significativa na curva dos “Molino”s, eliminándoa na súa totalidade a expensas do proxecto da nova autovía soterrada anunciada pola ministra na visita a Mos, unha vez anulado o proxecto anterior.

 

“As medidas propostas complementan as xa aportadas, e foron plantexadas xa ós outros grupos para garantir o consenso e a unidade na defensa dos intereses dos veciños de Mos e non a de intereses partidistas nin electoralistas”, afirmou o portavoz socialista Alfonso Parada “esperamos expectantes que os proxectos que acordamos se plasmen no asfalto de Mos en menos de seis meses como indicou a ministra”

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.