Mos
Varios vehículos sáense da vía na A-55 por mor dun verquido de gasóleo e unha persoa resulta ferida
Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía o vehículo no que viaxaba cando circulaba pola A-55 ao paso polo concello pontevedrés de Mos, no punto quilométrico 13. Un particular alertou ao CAE 112 Galicia ao redor das 8:00 horas desta mañá e advertiu dunha mancha de gasóleo no mesmo lugar onde se producira o accidente. O 112 Galicia informou a Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico, que confirmaron a existencia do verquido. Esta foi a causa pola que varios vehículos –case á mesma hora- tamén se saíron da vía á altura do punto quilométrico 15, en O Porriño, aínda que, neste caso, non houbo que lamentar danos persoais.
Ademais, o 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Baixo Miño e de Protección Civil de Mos e de Porriño. Tamén foi informado o persoal do servizo de mantemento da estrada que, nestes momentos, se encarga das labores de limpeza da vía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170