Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 30 de Marzo de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Asfaltado dos accesos ao Castelo de Sobroso

O presidente da Deputación de Pontevedra, acompañado do alcalde de Ponteareas e membros do grupo de Goberno visitaron as obras acometidas de mellora dos accesos ao Castelo de Sobroso

[Img #18136]O pasado xoves, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Ponteareas, Salvador González, acompañados por membros do grupo de Goberno, visitaron as obras acometidas de mellora dos accesos ao Castelo de Sobroso. O Concello de Ponteareas, xunto coa Deputación Provincial de Pontevedra, vén de acometer a mellora integral dos accesos ao Castelo de Sobroso, cun investimento de máis de 186.00 euros, coa finalidade de adecuar os viais para que estean nas mellores condicións e favorecer así as visitas a este elemento patrimonial propiedade do Concello de Ponteareas que é  moi visitado, tanto por grupos, que se desprazan en autobús, coma por particulares.

 

Para tal fin, leváronse a cabo traballos de mellora de todos os accesos exteriores e interiores, procedéndose á limpeza e ao asfaltado da pista exterior que vai desde S. Martiño de Vilasobroso, rodeando o castelo e que serve para a circulación de autobuses, así como a nova pavimentación dos accesos interiores do recinto. Para completar a adecuación dos viais que comunican o castelo, acometeuse tamén un novo asfaltado da estrada que vai desde a igrexa de Vilasobroso ata o barrio da Ermida, en Pías, que conecta co enclave turístico do Castro de Troña e que permitirá facer nas mellores condicións posibles a visita turística Castelo de Sobroso- Castro de Troña, favorecendo tamén que os grupos que visitan o Castelo de Sobroso se acheguen ata outro enclave turístico de Ponteareas, que é Troña.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.