Mos
O Cemiterio municipal de Mos incrementará a súa capacidade con 44 novos nichos
As novas concesións xa están adxudicadas ós veciños solicitantes
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense Camilo Augusto informaron o pasado venres de que comezou a execución das obras de construcción de novos nichos, “moi necesarios dada a gran demanda existente, no Cemiterio Municipal de Mos”. Estanse a acometer novos nichos en tres zonas habilitadas para tal fin no interior do cemiterio, de xeito que se crearán un total de 44 nichos a maiores dos xa existentes.
Cada panteón constará de 4 bocas e un cinceiro como aproveitamento de zonas en desuso e anulación de escaleiras traseiras, cumprindo así coa demanda de numerosos veciños da localidade e da parroquia de Mos.
As obras, ademais da construcción dos nichos, contemplan tamén a mellora da impermeabilización superior de tódolos panteóns e a optimización da seguridade no acceso ó cemiterio. Estes últimos traballos consisten na apertura dunha gran entrada lateral que comunique directamente co aparcadoiro do cemiterio, evitando así o tránsito a pé de persoas que se dirixen á entrada principal do camposanto pola estrada Nacional 550, xa que iso supón un gran perigo para os peóns.
A concesión dos novos nichos é por 50 anos prorrogables por outros 10 anos máis. Foron moitos os veciños interesados en optar a unha destas concesións, que no momento da subasta foron todas solicitadas en moi pouco espazo de tempo.
Deste xeito, dende o Concello de Mos preténdese que unha zona de enorme respecto para os veciños e veciñas mosenses, como é o cemiterio, se atope nas máis óptimas condicións posibles e que todos os habitantes do municipio que así o desexen e o precisen poidan dispoñer do seu espazo nel.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208