Salvaterra de Miño
Reteñen aos concelleiros do BNG de Salvaterra nunha protesta
Os tres concelleiros do BNG de Salvaterra foron retidos e levados a identificar na tarde do sábado 28 ao tentar amosar unha pancarta ao vicepresidente da Xunta na que rezaba "PLISAN = PROPANGANDA ELECTORAL".
Durante a celebración do acto de irmandade ao cumprirse 20 anos da apertura da Ponte Internacional entre Salvaterra e Monçao, o pasado sábado 28, prodúxose un altercado no momento no que Alfonso Rueda iniciaba o seu discurso e o nacionalista X.Antón Outeiro (Tití) tenta estender a pancarta coa seguinte frase “PLISAN = PROPANGANDA ELECTORAL”.
Os servizos de seguridade do acto reaccionaban, segundo afirman dende o BNG, “con forte violencia cara a concelleira Patricia Marinho, agarrándoa fortemente e arrastrándoa polas escadas de pedra, unha resposta desproporcionada, chea de agresividade e violencia” afirman os nacionalistas nun comunicado de prensa.
Aseguran que “os veciños e veciñas presentes tentaban defender á concelleira mentres gritaban ‘Democracia’ e ‘Liberdade’, mentras os concelleiros e concelleiras do PP, e o alcalde Arturo Grandal miraban impasibles” sinalan os nacionalistas.
Os concelleiros de BNG foron retidos e levados a identificar, pendentes de notificación coa posibilidade de seren acusados de desorde pública..

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61