Baiona
Rescatan e trasladan a un mergullador en perigo en Baiona
Un particular rescatou este mediodía a un mergullador que se atopaba en perigo en Baiona e que, posteriormente, foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario de referencia. O alertante, que se atopaba pescando, sacou da auga ao ferido e pousouno nunhas rochas minutos antes de solicitar a asistencia sanitaria ao fío das 12:30 horas de hoxe. Urxencias Médicas, unha vez alertado polo CAE 112 Galicia, mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense aínda que, finalmente, non foi precisa a evacuación neste medio. Sen embargo, os efectivos sanitarios aseguraron que o estado do mergullador era grave. Ademais, o 112 Galicia solicitou a intervención de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil e dos GES de Val Miñor.
Esta mesma tarde, outro mergullador tivo que ser rescatado por unha embarcación da Garda Civil na praia da Lanzada, en O Grove, cando se atopaba en perigo. Xunto con el, outro mergullador en apuros si que puido saír polos seus propios medios e achegarse a unhas rochas. Así o relataron os efectivos da Garda Civil, que acudiron ao rescate tras ser alertados polo 112 Galicia ao redor das 13:00 horas de hoxe. Ademais, informouse a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia e Protección Civil de O Grove.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180