Galicia
Galicia realizou un total de 197 transplantes de medula ósea durante o ano 2014
Esta cifra constitúe o récord histórico neste tipo de actividade asistencial no Servizo Galego de Saúde
O número de transplantes de proxenitores hematopoéticos (medula ósea) efectuados en Galicia no ano 2014 ascendeu a 197, o que constitúe o récord histórico nesta actividade asistencial no Servizo Galego de Saúde. Sinalar, así mesmo, que o número deste tipo de transplantes efectuados en pacientes adultos foi de 184, cunha idade media de 50 anos, mentres que os infantís foron 13, cunha idade media de 9 anos.
Os transplantes de medula realizados distribúense entre os distintos centros da rede do Servizo Galego de Saúde do seguinte xeito: 54 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; 52 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (13 dos cales foron en pacientes pediátricos); 50 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; 17 no Hospital Universitario Lucus Augusti; 14 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; e 10 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Sinalar, así mesmo, que o número de doazóns de medula ósea rexistradas en Galicia durante o pasado ano foi de 1.250, o que supuxo duplicar as cifras acadadas no ano 2013 (636). Cómpre sinalar, non obstante, que a taxa de doadores de medula ósea en Galicia sitúase por baixo da media de España, polo que o Sergas fai fincapé na necesidade de facerse doador. A tal efecto, o departamento que dirixe Rocío Mosquera e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición das galegas e galegos unha páxina web://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Deste xeito, neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. A doazón tamén pode efectuarse chamando aos teléfonos gratuítos 900 100 828 ou 900 102 688.
Tipos de transplantes
Na actualidade, o transplante de medula ósea é un procedemento ben consolidado nos hospitais do Sergas, existindo tres tipos diferentes. O autólogo, o aloxénico emparentado e o aloxénico non emparentado. Os primeiros son aqueles nos que se poden usar tanto a medula ósea como as células nai que circulan polo sangue do propio paciente. Unha vez extraídas e tratados con medicación, vólvense a infundir ao paciente.
O transplante aloxénico emparentado é aquel no que non se poden usar as células propias do paciente e hai que buscar un doador, dentro da familia, que sexa compatible. Neste caso, a fonte de células é a medula ósea ou o sangue periférico dun familiar.
Por último, falamos de transplante aloxénico non emparentado cando non podemos usar as células propias do paciente e non hai un doador compatible dentro da familia.
Sinalar, así mesmo, que poden ser doadores de medula ósea as persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101