Provincia
Un home queimouse a cara en Vigo cando trataba de apagar un incendio no seu vehículo
Os servizos sanitarios de urxencia enviaron onte unha UVI móbil á Rúa Moaña, en Vigo, para atender a un home que sufriu queimaduras na cara cando trataba de apagar un incendio no seu coche. Segundo relatou o propio afectado, posiblemente, o lume foi provocado por un líquido desinfectante que aplicou mentres cambiaba un filtro do motor. Para sufocar as lapas, utilizou un extintor. Igualmente, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros da cidade. Tamén pediu a colaboración de Urxencias Médicas, Policía Local e Protección Civil de Vigo. Foi o ferido quen contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Faltaban apenas dez minutos para as nove da noite de onte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136