MOS
Conde visitou as instalacións da compañía mosense Demsu acompañado pola alcaldesa
Salienta a aposta de empresas como a mosense Demsu por asentar o seu crecemento na innovación, a tecnoloxía e a internacionalización
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou onte o importante papel que desenvolven as empresas galegas de deseño, construción e fabricación de matrices e moldes como o principio da cadea de valor de sectores estratéxicos da industria manufactureira galega, prestando un importante servizo á automoción, o naval ou a aeronáutica, chamada a converterse nun motor económico e da innovación en Galicia.
Conde visitou as instalacións da compañía mosense Demsu acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e responsables da Asociación Galega de Moldistas, Matriceiros e Afíns (Agmma), da que forman parte empresas que dan emprego a preto de 500 persoas en Galicia, facturando 40 millóns ao ano.
O responsable de Economía e Industria, que abordou con Agmma liñas de traballo conxuntas, destacou a aposta das compañías asociadas como Demsu, con 20 anos de traxectoria e con máis de 20 traballadores, por asentar o seu crecemento en eidos como a innovación, a tecnoloxía e a internacionalización.
Salientou ademais Francisco Conde que se terá moi en conta ao sector dos matriceiros e moldistas na Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0, que se está a consensuar cos principais axentes. Esta Axenda sentará as bases para a modernización industrial de Galicia a través dos sectores tradicionais e os de futuro, e a hibridación multisectorial para xerar sinerxías, do fomento da cultura e da innovación, e impulsando a fábrica intelixente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22